Nata durante o embarazo: todo o que precisas saber

O embarazo é unha etapa na que é preciso satisfacer unhas necesidades nutricionais específicas, desaconsellándose o consumo de determinados alimentos. Neste sentido, os lácteos adoitan xerar numerosas incógnitas, chegándonos a plantexar se o seu consumo é recomendable ou non durante a xestación, sobre todo pola dúbida de que estean pasteurizados ou sometidos a un tratamento de esterilización UHT. 

A pesar de que o abanico de alimentos é amplo, hai produtos cos que debemos ter certa precaución. É a nata un deles? Se ti tamén tes dúbidas, Larseira, non te preocupes. Neste post contarémosche todo o que precisas saber sobre a nata e o embarazo. Segue lendo para coñecelo en detalle!  

Que é a nata?  

A nata é un derivado lácteo que se obtén directamente do leite, concretamente do proceso de desnatado, onde se separa a parte magra ou leite desnatado e a parte graxa ou nata. Trala súa obtención, axústase o seu contido graxo, someténdose a un tratamento térmico en función do tipo de nata que se desexa obter: nata pasteurizada ou esterilizada UHT.  

Beneficios da nata  

A nata presenta numerosos beneficios e propiedades nutricionais. Entre eles, podemos destacar que é un alimento rico en vitaminas liposolubles, presentando unha boa cantidade de vitaminas A, D, E e K.

Pódese consumir nata durante o embarazo?  

En xeral, o consumo de produtos lácteos non só está permitido, senón que é recomendable durante o embarazo. Isto é debido ao seu alto contido de calcio, ácidos graxos e vitaminas liposolubles e do grupo B, por non mencionar o seu contido en calcio e fósforo. A nata ten menos calcio co leite e outros derivados lácteos, pero achega vitamina A ata 6 veces máis. 

No caso concreto da nata, unha muller embarazada pode consumir este produto sen inconvintes, exceptuando mulleres con alerxia á proteína do leite de vaca ou con intolerancia á lactosa e aqueles casos nos que un médico o desaconselle.  Iso si, Larseira, á hora de consumir nata debes asegurarte de que este produto foi sometido a un tratamento térmico; ben pasteurización ou ben esterilización, dous procesos que garanten a eliminación de calquera tipo de microorganismo, asegurando o consumo seguro para mulleres embarazadas.  

En Larsa atoparás Nata Larsa de dous tipos: Nata para Montar Larsa e Nata para Cociñar Larsa. Dous produtos elaborados que enriquecerán as túas receitas e ofreceranche múltiples e variadas opcións para innovar na cociña. A primeira delas, a Nata para Montar Larsa, caracterízase polo seu montado consistente cun 35% de materia graxa. Coa segunda, gozarás dun ingrediente lixeiro co que realzar o sabor dos teus pratos. Cociña con elas e goza da textura e sabor de dúas natas deliciosas contidas nun brik de 500 ml con tapón. Un produto que che permite dosificar e usalo máis dunha vez! 

1724