A lactosa e o iogur

Un gran número de persoas teñen dificultades para dixerir a lactosa. Non só os lácteos e derivados lácteos conteñen lactosa, existen moitos alimentos que, a pesar de non conter leite, si teñen este disacárido, engadido polas súas propiedades. O contido de lactosa pode variar moito dependendo da formación ou tratamento do alimento. Por eso neste post ímonos a centrar no iogur e se unha persoa intolerante á lactosa tería que deixar de consumilo.  

Antes de nada, é importante lembrar que a lactosa, coñécese como “o azucre que se atopa de xeito natural no leite”. Fórmase pola unión de dous azucres simples: a glicosa e a galactosa. Para absorber a lactosa, é necesaria a presenza dunha encima que se atopa no bordo das vellosidades intestinais; a lactasa.  

Intolerancia á lactosa  

  A lactosa é fermentada no colon e en ausencia de lactasa, fórmanse ácidos graxos de cadea curta. Esto fai incrementar a presión osmótica e dá lugar a unha maior secreción de auga e electrolitos.   

 Os síntomas máis típicos son a distensión abdominal ou a diarrea.  

Que pasa co iogur?  

 En comparación co leite, o iogur ten menos lactosa. Isto é debido a que, para elaborar iogur, prodúcese unha fermentación bacteriana que descompón parte da lactosa. Calcúlase que durante esa fermentación hidrolízase entre o 20 e o 30% da lactosa.   

 Isto non quere dicir que os iogures non teñan lactosa. Si que teñen, pero posúen unha porcentaxe bastante menor en comparación co leite ou outros alimentos que fai que os iogures teñan unha maior aceptación en persoas intolerantes á lactosa. Con todo, depende do grao de tolerancia de cada persoa.   Por iso, en Larsa, na nosa categoría Sen lactosa temos iogures que están totalmente libres de lactosa, estes son:  

  

  

Bibliografía 

Rosado J, Solomons N, Allen L. Lactose digestion from unmodified, low-fat and lactose-hydrolyzed yogurt in adult lactosemaldigesters. Eur J Clin Nutr 1992; 46: 61.  

Leis R, Tojo R, Pavón P, Douwes A. Prevalence of lactose malabsorption in Galicia. J Pediatr Gastroenterol Nutr 1997; 25: 296-300. 

Goodenough E, Kleyn D. Influence of viable yogurt microflora on digestion of lactose by the rat. J Dairy Sci 1976; 59: 601-606.

¿Puede un intolerante a la lactosa consumir yogur?

1463