Beneficios da manteiga que non coñecías

A manteiga é un alimento moi importante na gastronomía do norte de Europa desde hai séculos. O motivo? Estas zonas son coñecidas pola súa gran produción láctea, de maneira que podían elaborar manteiga caseira a partir da nata do leite de vaca de forma sinxela.

Atendendo á definición da Real Academia Galega, a manteiga é a substancia graxa comestible que se obtén batendo a tona do leite ata que queda consistente. Para obter manteiga, polo tanto, é necesario someter o leite a procedementos mecánicos para separar a nata do leite enteiro.

Este produto lácteo é imprescindible na cociña, ben sexa nunha receita doce ou salgada, e, sobre todo, é o complemento ideal dun bo almorzo. Pero máis aló do seu sabor, cremosidade e versatilidade, saberías enumerar beneficios da manteiga?

Neste post de Larsa descubrirás beneficios de consumir a nosa manteiga tradicional que seguramente descoñecías. Segue lendo!

1. Rica en vitaminas

Un dos principais beneficios da Manteiga Tradicional de Larsa é o seu alto contido en vitaminas liposolubles. Isto débese a que a manteiga está elaborada a partir de graxa láctea nunha porcentaxe de entre o 80-90%.

As vitaminas liposolubles son as que se disolven na graxa e almacénanse no corpo, concretamente no fígado, o tecido graxo ou os músculos. A manteiga é fonte de vitamina A e contén vitamina D, así como vitamina E. A vitamina A é fundamental para a saúde ocular, o fortalecemento do sistema inmunolóxico e para lucir unha pel saudable e a vitamina D xoga un papel fundamental na absorción do calcio e no mantemento da saúde ósea

2. Fonte de enerxía

Grazas ao seu contido en materia graxa, a manteiga de Larsa é unha excelente fonte de enerxía.

3. Fonte natural de antioxidantes

A manteiga tamén contén vitamina E que contribúe á protección das células fronte ao dano oxidativo.

4. A manteiga, a túa aliada na cociña

A Manteiga Tradicional de Larsa é o complemento ideal que non debe faltar na túa cociña, xa que forma parte dos momentos máis especiais que compartes coa túa familia. Quen non goza dun almorzo con torradas acabadas de facer con manteiga co sabor tradicional de sempre que achega cremosidade e un gusto delicioso? É a mellor forma de comezar o día e, ademais, aos máis pequenos da casa encántalles!

Pero a manteiga non é só para os almorzos. A súa versatilidade transfórmaa no ingrediente estrela para calquera prato. Desde receitas salgadas como salsas ou gratinados, ata sobremesas como biscoitos ou tortas, a manteiga achega ese toque inconfundible. Mesmo para dourar unhas verduras ao forno ou para preparar unha crema suave, a manteiga marca a diferenza engadindo un extra de cremosidade.

Se non es un experto na cociña, non te preocupes, a manteiga é a túa mellor amiga para converter un prato sinxelo nun manxar delicioso. Como? Engade a un prato de pasta un pouco de manteiga fundida, por exemplo, ou agrega unha pequena noz de manteiga a unhas patacas asadas para achegar un toque cremoso. Confía na nosa manteiga tradicional para transformar as túas receitas e muda nun cociñeiro magnífico!

Agora que coñeces todo o que che pode ofrecer a nosa Manteiga Tradicional, a que esperas para facer dela un alimento básico na túa cociña? Acha os múltiples usos que lle damos nós á manteiga na nosa sección de receitas! Xa sabes…#AquíFacémoloAsí 😉

385