Novo Snack Crocante 100% Queixo Semicurado

Un queixo semicurado, crocante e en snack? Si, é posible! En Larsa non deixamos de innovar para sorprenderte. 

Hai xa 90 anos, en 1933, fomos a primeira empresa en comercializar a gran escala o Queixo Arzúa-Ulloa. O primeiro produto de Larsa! Dende entón, non deixamos de ampliar a nosa Queixería, un espazo onde convive o novo e o de toda a vida, unindo a innovación e a tradición nun mesmo lugar. Nela atoparás os Queixos Larsa, produtos elaborados con Leite 100% Galego, recoñecidos polo seu sabor, textura e calidade inconfundibles: Queixo BólaQueixos Galegos con D.O, Queixos en lonchas... 

Fai moi pouco presentámosvos o noso último lanzamento, as Cremas de Queixo Larsa, e agora temos un novo membro na familia: O Snack Crocante 100% Queixo Semicurado. Un aperitivo, con moooooitas vantaxes, que non che deixará indiferente. Segue lendo para descubrilas! 

Snack Crocante 100% Queso Semicurado 

O Snack Crocante 100% Queixo Semicurado é o novo produto de Larsa, un aperitivo que atoparás en bolsiñas de 20 gramos, alto en proteína, rico en calcio e sen glute que non che deixará indiferente.

Para que che fagas unha idea, Larseiro, o noso novo queixo son boliñas crocantes de queixo deshidratado. Un aperitivo, cunha curta lista de ingredientes, que reúne tódalas papeletas para converterse no teu novo snack saudable favorito. En detalle, os seus ingredientes son: leite pasteurizado de vaca, callo, sal, endurecedor, conservador e fermentos lácteos (leite). 

Estache a entrar a fame, verdade, Larseiro? Segue lendo para descubrir cal é a mellor maneira de consumilo e onde poderás atopalo! 

Como consumir? 

O Snack Crocante convértese nun produto ideal para gozar onde queiras e como queiras. O seu envase de 20 gramos, moi fácil de transportar, poncho sinxelo. Méteo na túa bolsa, mochila ou peto e lévao sempre contigo. Quitarache a fame mentres non chega a hora para comer! 

Alto en proteína (7,4 gramos de cada 20 gramos), convértese nun aperitivo idóneo para o bo desenvolvemento do organismo e a rexeneración muscular. Ideal para media mañá, á hora da merenda ou para petiscar entre horas. Unha forma fácil e sinxela de gozar do noso novo queixo! 

Como conseguilo? 

O novo Snack Crocante 100% Queixo Semicurado é un dos produtos estrela da nosa nova Tenda Larseira. O seu prezo é 1€ por paquete, cunha compra mínima de 5 unidades. 

Queres saber máis? Bota unha ollada aquí e descúbreo todo sobre o produto e a súa composición. Próbao e goza do noso novo produto dunha maneira rápida e cómoda! 

Ademais, na nova Tenda Larseira, non só poderás conseguir o Snack Crocante 100% Queixo Semicurado, senón tamén coñecer a colección de roupa Larsa: Suadoiro Larseira, Camiseta Larseira ou Bolsa Larseira. Escolle os teus favoritos e viste o ADN Larseiro! 

186