Todo o que pasta mellora ou a esencia do Pastoreo Larsa

En Larsa temos claro cal é o segredo do noso éxito, a altísima calidade da nosa materia prima, o Leite de Pastoreo, coa que elaboramos o 95% dos nosos produtos: leite desnatado, semidesnatado, enteiro e sen lactosa semidesnatado e desnatado; os nosos inconfundibles iogures e a nosa ampla gama de Queixos de Pastoreo. 

Obtemos o noso Leite de Pastoreo de máis de 400 gandarías de pequeno e mediano tamaño distribuídas ao longo e largo de Galicia que producen en réxime de Pastoreo. E isto que significa? Que as vacas de Larsa saen aos pastos un mínimo de 6 horas diarias e 120 días ao ano, grazas ao que gozan dunha alimentación natural, teñen unha mellor calidade de vida, son máis lonxevas e dannos un leite da máis alta calidade, cunha textura cremosa e sabor diferencial, como o leite de toda a vida, leite de verdade. 

Facer da herdanza a nosa razón de ser 

O Pastoreo é o sistema tradicional de Galicia, o que herdamos dos nosos antepasados e que respecta o ciclo de vida e desenvolvemento natural das nosas vacas. E en Larsa decidimos non só mantelo senón converternos, hai xa 7 anos, na primeira marca de Leite de Pastoreo certificado. Pastoreo non é só abrir as portas dun cortello. Para ser unha gandaría de Pastoreo como as de Larsa, certificadas e auditadas pola entidade líder en supervisión SGS, é necesario acreditar un coñecemento en manexo dos pastos, dispoñer de parcelas con suficiente herba, levar un control sanitario das vacas e do día a día que asegure que pastan todo o tempo posible, entre outros moitos requisitos. E todos, todos son controlados de forma regular polos técnicos de SGS. 

E como é moito máis, o Pastoreo é moito mellor para todos. É unha forma de vida que mantén os montes limpos, os cortalumes naturais abertos; fomenta a biodiversidade, a calidade de vida no rural e axuda a conservar as paisaxes tradicionais. Pero tamén permite obter un leite cun mellor perfil nutricional: cun 68% máis de omega-3, un perfil de omega-3:6 máis saudable e con máis vitamina E e betacaroteno que o leite dunha gandaría industrial. 

Por eso cremos que todo o que pasta mellora. 

Por que todo o que pasta mellora? 

Co paso dos anos e a xeneralización da tecnoloxía, o Pastoreo deixou de ser o sistema maioritario en Galicia. Actualmente só unha pequena parte das vacas da comunidade galega son de Pastoreo. 

En Larsa estamos tremendamente orgullosos e agradecidos de que os galegos nos elixan desde hai 6 anos consecutivos como a súa marca favorita, por diante doutras de ámbito mesmo internacional. E somos conscientes de que esta honra non sería posible sen os nosos produtos e sen o Pastoreo Larsa. 

Por iso e pola nosa experiencia de máis de 90 anos elaborando lácteos de Pastoreo, que manteñen a súa receita orixinal e a súa calidade, estamos convencidos de que todo o que pasta mellora: As vacas, o leite que producen, a paisaxe e a contorna natural que axudan a construír. 

Así que decidimos compartir o noso segredo para convidarte a que mandes pastar todas as situacións que poden mellorar. 😉  

Tes un veciño repugnante, un abusón na escola, un coñecido que te mira por encima do ombreiro? Probablemente, unha tempada nunha gandaría de Pastoreo lle fixese mellorar. Por que? Porque a vida en contacto coa natureza, como a que teñen as nosas vacas, tamén é boa para as persoas, axúdanos a reducir a tensión, a tranquilizarnos e ensínanos a vivir cos pés en terra. E se non, que llo pregunten aos nosos gandeiros e gandeiras.  😊  

Así que xa sabes, se algo non che gusta, mándao pastar. #apastar

4508