Queixo barra semicurado

Un queixo coa cremosidade do leite de pastoreo Larsa pero co sabor dun semicurado
Presentámosche a última das nosas incorporacións á Queixaría Larsa. Atesouramos case 100 anos de tradición queixeira e gústanos aproveitar ese coñecemento para lanzar novos produtos, sabores e formatos novos que che axuden a gozar. Por iso innovamos desde a tradición co noso queixo en barra semicurado. Un queixo elaborado con leite de pastoreo certificado pasterizado e madurado durante 4 meses que poderás pedir na túa charcutería de sempre. En liscos finos para dar un toque extra de sabor ao teu sándwich ou bocadillo, ou nun taco máis groso para incorporalo ás túas ensaladas ou ese petisco saboroso. O queixo en barra semicurado de Larsa é un queixo en barra extra cremoso, e cun sabor único porque o elaboramos con leite de pastoreo, leite 100% galego. De vacas que pacen en liberdade, nos prados de Galicia, como sempre se fixo na nosa terra.
  • Valores medios por 125g
  • Enerxía:1592KJ (384Kcal)
  • Graxas:32,0g
    • das cales
    • Saturadas:21,6g
  • Hidratos de carbono:1,0g
    • dos cales
    • Azucres:1,0g
  • Proteínas:23,0g
  • Sal:1,2g
  • Calcio:800mg (100% VRN)
Leche pasteurizada de vaca, cuajo, sal, endurecedor (cloruro cálcico), conservador: lisozima (procedente de huevo), fermentos lácticos (leche).
Barra_Semicurada

Semicurado en frío ou en quente e con ese fundido perfecto de Larsa

Se es fan dos nosos queixos en barra, se che criaches connosco, non podes deixar de probar este novo lanzamento. Un queixo con todo o sabor dun semicurado en cómodos liscos para saborear en frío ou en quente, con ese punto de fundido perfecto, xenuíno de Larsa. Proba o noso novo queixo en barra semicurado. Dálle un sabor delicioso aos teus sándwiches ou bocadillos, ou enriquece os teus pratos gratinados con Larsa. Un queixo para coidar os teus ósos porque cada lisco de 30 gramos contén un 30% do calcio que necesitas ao día, segundo os valores medios de referencia nutricional.

831