Por que as vacas de Pastoreo son máis felices

Vacas felices, vacas de Pastoreo

En Larsa encántanos lembrar que somos a primeira marca láctea de Leite de Pastoreo certificado. Un selo, avalado pola entidade de supervisión SGS, que garante que toda a nosa gama de produtos elaborados con Leite de Pastoreo procede de explotacións gandeiras de Pastoreo, nas que as vacas saen a pacer

E isto que significa? Que o leite procede de vacas que pacen en liberdade, aliméntanse fundamentalmente de pasto, ao seu ritmo, con comida e auga suficiente. As vacas desenvólvense así de xeito natural, pastan ao aire libre sempre que as condicións meteorolóxicas o permiten. E por iso son máis felices.

O Pastoreo, un proceso natural e profesionalizado

O Pastoreo é un modelo natural asentado na tradición de Galicia, que consiste en alimentar ás vacas coma se fixo sempre, ao aire libre, nos pastos. O modelo actual foi mellorado grazas á profesionalización dos gandeiros na xestión dos pastos e das explotacións gandeiras.

Así que, hoxe en día, o pastoreo non é só botar as vacas ao pasto, é unha maneira de producir. Un xeito de vida que comporta un meticuloso coidado dos pastos, da saúde das vacas, da calidade do leite e que supón levar un rexistro de actividade diario que reflicta ese coidado. En definitiva, os gandeiros de pastoreo velan polo benestar das vacas, que son o centro de todo.

Vacas máis tranquilas, máis lonxevas e máis felices

Por iso dicimos que as vacas de pastoreo son máis felices. Porque o Pastoreo é máis respectuoso co benestar animal que o sistema intensivo de produción, coas vacas  estabuladas, alimentadas de penso e forraxe. Estes son algúns dos motivos:

  • Saúde: As vacas que pacen e aliméntanse fundamentalmente de herba fresca gozan dunha alimentación máis nutritiva e equilibrada. Por iso teñen menos problemas de saúde e son máis lonxevas que as vacas alimentadas con penso e forraxes secos. Ademais, ao saír aos pastos, as vacas teñen menos lesións nas patas que as que están en contacto permanente co chan dos cortellos.
  • Relacións sociais: As vacas que saen a pastar a diario están máis relaxadas e sofren menos tensións, e por iso teñen unha maior calidade de vida. Ás vacas gústalles estar en compañía doutras vacas e teñen preferencias á hora de relacionarse, son máis “amigas” dunhas que doutras. Cando vexas un pasto con vacas, fíxate e comprobarás como algunhas delas están a comer ou descansando xuntas.
  • Temperatura: Cando a calor aperta, as vacas precisan moita máis auga que no inverno e lugares frescos que lles eviten sufrir estrés térmico. Porque unha vaca pasa moita máis calor que nós. Por iso, saír aos pastos é a mellor forma de que se refresquen. Porque para que unha granxa sexa certificada coma de Pastoreo debe asegurar que nos pastos as vacas teñen auga abondo e de fontes naturais, e tamén espazos á sombra nos que gorecerse.
    Isto é moito máis doado de acadar ao aire libre e con pastos ben xestionados que a cuberto, en instalacións mal illadas da calor que, ademais, precisan gastar enerxía ou auga para asegurar a temperatura axeitada ás necesidades das vacas.

Un sistema sostible que produce un leite de mellor calidade

A estes beneficios para as vacas, únense as vantaxes para o medio ambiente e para a sustentabilidade das gandarías. Os gandeiros de pastoreo gastan menos en alimentos complementarios, en enerxía para a preparación destes e no mantemento dos cortellos. Ademais, como xa vos contamos nas nosas redes sociais e no noso Blog, o Pastoreo é máis respectuoso co medio ambiente porque garante a biodiversidade e constitúe unha barreira natural fronte aos incendios. E, sobre todo, o Pastoreo permite obter un leite de maior calidade, cun sabor e unha textura únicos, coma o leite de toda a vida. Coma o Leite Larsa.

1248