Receita de Suflé de Queixo de Arzúa e pementos de O Couto

Unha receita lixeira orixinaria de Francia con sabor galego!

Notas de interese / Consellos

Os pementos de O Couto aportan suavidade e un toque doce á receita e combinan á perfección co queixo con Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa de Larsa, sen quitarlle ningún tipo de protagonismo. Se queres podes engadir queixo con máis corpo como o San Simón afumado, para aportarlle máis sabor ao teu prato. Evita abrir o forno durante a elaboración da receita para que o suflé non baixe.

Alérxenos

Lácteos, Froitos secos.

Que produtos de Larsa precisas para facer a receita?

Ingredientes

  • 120 g de Manteiga Tradicional
  • 100 g de fariña de trigo
  • 250 ml de Leite de Pastoreo Enteiro
  • 200 g de Queixo Galego con D.O. Arzúa-Ulloa Larsa picado
  • 4 ovos grandes
  • Sal
  • Pementa branca
  • Noz moscada
  • un feixe de pementos de O Couto

Elaboración

Asar os pementos de O Couto. Unha vez asados, hai que pelalos e trituralos ata conseguir un puré suave.

Prequentar o forno a 180°C. Engraxar xenerosamente un molde para suflé coa metade da manteiga.

Cubrir o molde cun pouco de Queixo Galego D.O. Arzúa-Ulloa picado.

Derreter a Manteiga Tradicional nunha tixola a lume medio. Agregar a fariña e remexer durante uns minutos para elaborar unha mestura.

Amornar o leite de Pastoreo Enteiro no microondas. Verter o leite aos poucos na mestura de fariña e manteiga tradicional. Engadir sal, pementa branca e noz moscada.

Cociñar esta mestura ata que espese resultando unha bechamel suave. Non esquezas bater constantemente para evitar os grumos.

Agrega o puré de pementos e o queixo con D.O. Arzúa-Ulloa picado á bechamel quente. Remexer ata que o queixo se funda por completo. Retirar a tixola do lume.

Deixar arrefriar un pouco a mestura.

Separar as xemas dos ovos das claras e reservar as claras. Agregar as xemas de ovo á bechamel. Remover para integrar todos os ingredientes.

Bater as claras de ovo ata acadar o punto de neve. Incorporar as claras batidas á mestura bechamel e queixo en varias veces.

Integrar os ingredientes con movementos envolventes. É importante facelo suavemente para conservar a lixeireza do suflé.

Verter a mestura con coidado no molde preparado previamente. Meter o suflé no forno durante 25-30 minutos. Retirar o suflé do forno con coidado, servir, e a gozar!

1360