Crema de queixo de Arzúa-Ulloa e brócoli

Cremosidade e frescura para o verán!

Notas de interese / Consellos

O Queixo de Arzúa-Ulloa Larsa caracterízase pola súa textura cremosa e sabor suave, ideal para preparar cremas e sopas, xa que non camufla os sabores dos demais ingredientes. Por iso compleméntase á perfección cun vexetal con tanto sabor como é o brócoli. Esta crema é perfecta para consumir fría ou quente. Ti decides como a prefires!

Alérxenos

Lácteos.

Que produtos de Larsa precisas para facer a receita?

Ingredientes

Elaboración

Para comezar, pela e corta todas as verduras en anacos pequenos. Parte o brócoli, quedando soamente coas poliñas.

Nunha pota a lume medio bota un pouco de aceite de oliva para dourar o allo, o allo porro e a cebola.

Cando se douraron os ingredientes, agrega á pota a pataca, o brócoli e medio litro de auga a lume medio-alto ata que rompa a ferver. Engade sal.

Reduce a lume medio e deixa cocer as verduras uns 10 minutos, ata que comecen a estar tenras. Podes comprobar o seu punto picándoas cun garfo.

Corta o queixo Arzúa-Ulloa en dados pequenos.

Incorpora o queixo previamente cortado e a nata e cociña os ingredientes durante 5 ou 7 minutos. Retira a pota do lume cando o brócoli e a pataca estean ben cocidos.

Tritura a verdura con suavidade ata conseguir unha mestura suave e homoxénea.

Rectifica de sal, engade pementa ao gusto á crema e espera a que se amorne. Arrefría un par de horas a túa crema de queixo de Arzúa-Ulloa e brócoli na neveira para consumila fría.

Serve a crema cun chorriño de aceite de oliva e, se queres, cubos pequenos de queixo de Arzúa-Ulloa, para engadirlle textura ao teu prato. Bo proveito!

1227