Risoto cremoso de cogomelos con Queixo Galego con D.O. Arzúa-Ulloa

Unha receita italiana co toque irresistible do Queixo Arzúa-Ulloa!

Notas de interese / Consellos

O caldo de verduras salienta o sabor delicado dos cogomelos sen enmascarar o do queixo, mantendo o equilibrio en cada bocado. É recomendable incorporar o queixo Arzúa-Ulloa antes de servir para acadar un risoto cremoso.

Alérxenos

Lácteos.

Que produtos de Larsa precisas para facer a receita?

Ingredientes

  • 400 g de arroz arborio ou carnaroli (para risoto) 
  • 300 g de cogomelos 
  • 150 g Queixo Galego con D.O. Arzúa-Ulloa Larsa 
  • 1 noz de Manteiga tradicional Larsa 
  • 75 ml de Nata para cociñar Larsa 
  • 1,5 L de caldo de verduras 
  • Aceite de Oliva Virxe Extra 
  • Un vaso de viño branco 
  • 1 cebola 
  • Sal 
  • Pementa negra 

Elaboración

Nunha pota a pouco lume botamos un chorriño de aceite e cando estea quente, engadimos a noz de Manteiga Tradicional.

Mentres se está a derreter a manteiga, picamos a cebola. Engadímola á pota para rustrila.

Limpamos os cogomelos cun pano húmido con moito coidado para que non rompan. Unha vez estean limpos, laminámolos.

Salpementamos os cogomelos e agregámolos á pota xunto coa cebola picada para sofritilos. Removemos de maneira constante para que non se queimen nin se peguen.

Engadimos o arroz sen deixar de remover e o viño branco e deixamos que se cociñe ata que reduza e se evapore o alcol.

Á vez, quentamos o caldo de verduras noutra pota a unha temperatura constante, vixiando que non chegue a ferver.

Incorporamos o caldo aos poucos e removemos o arroz ata que o absorba, coidando que non quede seco. Cociñámolo a lume medio durante 15-20 min.

Cando o arroz estea no seu punto, retirámolo do lume e agregamos o Queixo Galego con D.O. Arzúa-Ulloa Larsa cortado en anacos e un pouco de nata para cociñar para espesalo.

Removemos ata lograr a textura cremosa desexada no teu risoto de cogomelos con Queixo Galego con D.O. Arzúa-Ulloa. Empratamos e… A gozar!

1194