Queixo de bóla Edam: orixe, características e curiosidades

O Edam é un queixo elaborado con leite de vaca, semiduro, de sabor suave e fundente e, por tanto, moi versátil, tanto para o seu consumo en frío, en aperitivos, bocadillos ou táboas de queixos, como en quente, en pizzas, pratos de pasta, verduras gratinadas e unha longuísima lista de receitas. Quizais precisamente por estas amplas posibilidades na cociña, no prato é fácil confundir o queixo de bóla Edam con outros queixos de vaca semellantes no seu proceso de elaboración, como o Gouda ou o Cheddar, entre outros. Porén, a súa forma esférica faino inconfundible e o seu sabor, irresistible. Coñece con Larsa todos os detalles para saber cando che están a dar queixo de bóla Edam 😉. 

Por que o queixo de bóla Edam se chama así? 

O nome oficial deste queixo é Queixo Edam e está relacionado cunha pequena cidade dos Países Baixos onde comezou a producirse entre os séculos .  

O queixo Edam ten unha característica forma redondeada, de bóla, lixeiramente achatada en vertical, e está cuberto por unha capa de parafina, normalmente vermella, aínda que pode presentar outras cores. Debido a esta peculiar forma, tamén se coñece como queixo de bóla. Sen embargo entre os queixos Edam con denominación de orixe, o bola é só un formato, xa que tamén pode ser rectangular. 

Queixo Bola Larsa, a nosa homenaxe

Aínda que se coñece pouco sobre o momento exacto no que comezou a elaborarse coa receita coa que hoxe o coñecemos, si existe constancia de que o queixo de bola Edam viviu o seu momento de esplendor arredor do século XVI. Desde entón ata hoxe, acadou unha grande popularidade e a súa receita espallouse por todo o mundo. 

E en Larsa non podíamos quedar atrás, sin intentar mellorar a receita coa calidade, a cremosidade e o sabor inconfundible do noso leite procedente de vacas que pastan en liberdade. Na década de 1980 comezamos a elaborar o noso Queixo Bóla Larsa, un queixo suave, consistente e fundente, con todo o sabor do Leite de Pastoreo Larsa e a súa característica cuberta de parafina vermella. 

O noso Queixo Bola é 100 % galego, igual que os pastos onde se alimentan as nosas vacas e o leite de altísima calidade co que o elaboramos. Este clásico da nosa Queixería Larsa é, ademais, un gran aliado dunha alimentación equilibrada e saudable, con 25 gramos de graxa e 22 gramos de proteína por cada 100 gramos de produto. 

Que tipo de queixo é o queixo de bóla Edam?

O queixo  de bola edam ten unha textura firme pero fundente, unha cor amarelada e un sabor suave, lácteo, lixeiramente salgado e cun delicado toque a especias como a noz moscada. Pode presentar ollos, aínda que son pequenos e están distribuídos de maneira irregular polo interior do queixo, o que o diferencia visualmente doutros queixos como o Emmental ou o Gruyère,. 

O queixo de bóla Edam ten un contido graxo inferior ao doutros queixos curados, o que o fai máis lixeiro e suave ca un Cheddar ou un Gouda 

Como se elabora o queixo de bóla Edam? 

O queixo de bóla Edam elabórase a partir de leite pasteurizado de vaca parcialmente desnatado, fermentos lácticos e callo, que se quentan a uns 30 graos durante algo máis de media hora, segundo a consistencia que procure o mestre queixeiro. 

Unha vez obtida a callada, córtase en anacos pequenos, déixase escorrer e introdúcese en moldes circulares para darlle a súa característica forma. 

A receita tradicional do Edam establece un período de maduración de ata oito meses a baixa temperatura, entre 10 e 20 graos, e nunha sala cunha humidade do 75 %. Unha vez rematado o proceso e acadado o grao de curación desexado polo mestre queixeiro, a codia lávase e sécase coidadosamente para aplicar posteriormente a capa de parafina. 

O queixo de bóla Edam é sempre de cor vermella? 

A cor típica da parafina do queixo de bóla Edam é o vermello, pero en ocasións tamén o podemos atopar en amarelo e mesmo en negro. A parafina vermella utilízase en queixos novos, como o Queixo Bola Larsa, cun período de maduración de entre 4 e 8 semanas. A amarela emprégase nalgunhas zonas para queixos con períodos de maduración máis longos ou cun selo de calidade, e a negra cobre queixos con máis de 17 semanas de maduración. 

Un queixo cunha longa historia de éxito, tamén entre os larseiros 

O queixo de bola Edam é un dos queixos máis populares do mundo e forxou a súa lenda de calidade no século XVI, cando en Edam comezou a celebrarse un mercado semanal do queixo. Os produtores acudían ao mercado co seu produto e ofrecíano para a súa degustación. En función da experiencia, negociaban o prezo: se se consideraba de boa calidade, pagábase máis; pero, se non había acordo, non había venda. 

Como xa saberás se es unha das nosas fieis seguidoras ou un dos nosos fieis seguidores, os queixos foron o primeiro produto que comezamos a comercializar en Larsa, aló polo ano 1933. E desde que nos decidimos a elaborar a nosa propia versión do queixo Edam, nos anos oitenta, o Queixo Bola Larsa conquistou os padais dos nosos queridos Larseiros e Larseiras, converténdose nun clásico sempre presente nas súas neveiras e nas súas receitas de sándwiches, bocadillos, queixo con marmelo, tortas, pratos de pasta e gratinados. 

O seu segredo é ese sabor suave e cremoso do Leite de Pastoreo, que o fai perfecto para toda a familia. Lembras cal foi a túa primeira vez co noso Queixo Bola Larsa? Cóntanolo nas nosas redes sociais😊 

329