Todo o sabor, nada de Lactosa

A nosa gama de produtos aptos para intolerantes á Lactosa

Goza de todo o sabor de sempre do leite, o queixo e os iogures Larsa pero sen renunciares a unha dixestión lixeira.A nosa liña de produtos aptos para persoas con intolerancia á lactosa inclúe Leite Semidesnatado ou con 0 % Materia Graxa, Queixo en Barra e en Lonchas e os nosos deliciosos iogures Natural Azucrado e de Amorodo ou Vainilla Sen Lactosa, pero con Leite de Pastoreo.

Se queres gozar do sabor dos produtos lácteos sen complicacións, descubre o sabor inconfundible dos produtos sen lactosa de Larsa.

Inicio / Produtos / Sen Lactosa
O sabor orixinal do noso iogur elaborado con Leite de Pastoreo, agora, sen lactosa
O noso iogur máis popular, agora dispoñible para intolerantes á lactosa
Un iogur sen lactosa coa textura perfecta que lle dá o Leite de Pastoreo e un refrescante sabor a amorodo

El sabor auténtico de la Leche de Pastoreo sin lactosa y con la mitad de grasa

O leite 0 % sen lactosa que sabe a leite de verdade

Goza de todo o placer do Queixo en Lonchas con Leite de Pastoreo de Larsa sen renunciar a unha dixestión lixeira

O intenso sabor do pastoreo

É posible seguir unha dieta sen lactosa con Leite de Pastoreo, leite 100% Galego obtido de vacas que pacen en liberdade nos pastos de Galicia con herba, auga e espazo abondos, o que garante o benestar animal.

O Leite de Pastoreo é leite de vacas felices e nótase: no sabor, no seu corpo consistente… E iso trasládase á textura cremosa que caracteriza os nosos iogures e queixos e os nosos produtos sen lactosa. Recupera a ilusión e goza do sabor e a personalidade única dos produtos Larsa con Leite de Pastoreo, pero 100 % libres de lactosa.

Ideal para…

En Larsa atoparás Leite Sen Lactosa de Pastoreo Semidesnatado e 0 % Materia Graxa, perfecto para as persoas con intolerancia á lactosa que queren reducir o consumo de graxas. Desfruta do delicioso queixo Larsa de Barra ou en Rebandas Sen Lactosa con Leite de Pastoreo, tan cremoso e perfecto para fundir que dende sempre conquistou miles de familias. Só, en sándwich ou bocadillo, ou combinado con todo tipo de receitas gratinadas, é suave e delicioso.

O de Larsa é o primeiro Iogur de Vainilla Sen Lactosa con Leite de Pastoreo do mercado. Unha sobremesa ou almorzo ideal para as persoas con intolerancia á lactosa que conserva o sabor xenuíno do noso iogur estrela. E se a vainilla non é o que máis che presta, tamén o temos Natural Azucrado e de Amorodo! Deléitate con este pracer indulxente sen renunciares a unha dixestión pracenteira.