Os Cremosísimos de Larsa son algo máis ca un iogur, unha sobremesa láctea con todo o sabor do leite de Pastoreo Larsa, pero cunha textura aínda máis cremosa que o noso iogur tradicional e lixeira á vez. Ideais para quen adora os nosos iogures pola súa textura cremosa e foxe das sobremesas deseñadas para reinar no Olimpo: O cremoso galego de Pastoreo, con só un 6,5% de Materia Graxa. Descubre a nosa nova gama de Cremosísimos: Natural e Amorodo con selo Galicia Calidade e elixe quen raíña na túa neveira.
Ao noso clásico iogur Tradicional sabor Amorodo saíulle un parente, próximo en sabor pero cun extra de froita e cremosidade que che sorprenderá.
Tan natural coma o Iogur Tradicional Larsa pero cunha cremosidade extraordinaria para gozar de todo o sabor do Pastoreo.
© 2025 All Rights Reserved.