Para facer a Panna cotta
Ganache de turrón de chocolate
Tella de rosco de viño
Poñer nun cazo a nata, o azucre, o leite e a vainilla. Cando se desfaga o azucre, engadir o turrón en anaquiños.
Remover ata desfacer o turrón.
Antes de que ferva, engadir o agar-agar e cociñar (removendo).
Poñer en vasos, temperar e arrefriar. Ir facendo a ganache, poñer no cazo a nata e o turrón en anaquiños, cociñar ata que se desfaga e integre o turrón.
Quitar do lume e arrefriar, cando arrefríe engadir as galletas moídas, integrar.
Poñer encima da panna cotta e arrefriar.
Facemos a tella. Poñer nunha tixola azucre, cubrindo o fondo, desfacelo (vólvese líquido).
Poñer nun papel de forno e estender. Moer un rosco de viño e poñelo antes de que arrefríe e darlle forma.
Colocar encima da ganache e poñer un pouco das migallas sobrantes do rosco de viño. E listo para gozar!
© 2024 All Rights Reserved.