Cocer os grelos, deixar escorrelos ben e arrefriar.
Mellor facelos a noite anterior para que estean máis secos e non mollen o follado.
Estirar o follado e poñelo sobre papel de enfornar.
Cortar os grelos e poñelos por todo o follado. Seguidamente poñer por encima o lacón cortado.
Picar o chourizo e poñer encima do lacón.
Tapar todo co queixo de tetilla Larsa.
Por último estender a outra lámina de follado e poñer por encima, pechar ben por todo o arredor da empanada e facer un buraco no medio para que saia o vapor e pintar con ovo batido.
Poñer o forno a 220º e cando estea meter a empanada na segunda reixa empezando por abaixo e deixala ata que estea ben dourada. E a comer!!!
© 2024 All Rights Reserved.