O primeiro que tes que facer é prequentar o forno a 180º. Mentres vai collendo temperatura, mesturamos nun bol as xemas dos ovos, a raspadura do limón e o azucre (só unha cullerada). Mestura todo moi ben ata que quede esponxoso.
Engade á mestura as améndoas moídas e a canela, bate de novo para integrar todo ben e resérvao.
Noutro bol, mestura as claras dos ovos co resto do azucre e báteo ata que quede a punto de neve. Podes usar unha batedora eléctrica ou facelo de forma manual cun batedor de varas, o que ti prefiras!
Incorpora aos poucos as claras montadas no bol que tiñas reservado coas xemas e o resto de ingredientes. Remove suavemente para integrar de forma homoxénea as dúas texturas.
Usa a manteiga para engraxar o molde e que a masa non se pegue. Deposita toda a mestura no molde… E ao forno durante 40 minutos!
Unha vez que pase ese tempo, retira o molde do forno e déixao que arrefríe. Non desmoldes mentres estea quente xa que pode romper a estrutura da elaboración.
Mentres se arrefría, aproveita a montar a nata Larsa cun pouco de azucre e reserva.
Unha vez que a torta estea fría, desmóldaa, córtaa pola metade (horizontal) e énchea coa nata de montar Larsa co azucre.
Finalmente, decóraa ou ben coa Cruz de Santiago e con azucre en po ou coa decoración que ti queiras. Non hai límites para a imaxinación nin para o bo comer ;-)
© 2024 All Rights Reserved.