Receita de filloas recheas con grelos e chourizo

Unhas filloas cun recheo 100% galego: grelos e chourizo. Unha forma de reinventar a túa cociña e dar unha nova volta aos pratos de sempre. Filloas galegas ou como alegrar aos teus comensais dunha forma rápida e sinxela. Segue lendo para coñecer en detalle cada un dos pasos!

Notas de interese / Consellos

Para fixar a cor dos grelos, podemos engadir un chisco de bicarbonato na pota na que os fervemos. A tixola na que imos dourar as nosas filloas ten que ser antiadherente e estar moi quente.

Alérxenos

Lácteos, glute, ovo.

Que produtos de Larsa precisas para facer a receita?

Ingredientes

Elaboración

O primeiro que debemos facer é bater os ovos. Posteriormente, engadimos o leite.

Introducimos a fariña aos poucos sen deixar de remover cunhas varas metálicas. Tamén podemos axudarnos dun batedor eléctrico para evitar grumos.

Integrados todos os elementos, engadimos un chisco de sal e deixamos repousar a mestura.

É hora de poñerse co recheo. Para iso, quentamos unha pota con abundante auga con sal. Cando comece a ferver, cociñamos os grelos, previamente lavados, xunto co chourizo durante 20 minutos.

Cando estean listos, sacámolos do lume, escorremos ben e reservamos. Cortamos o chourizo en pequenas porcións.

Chegou o momento de elaborar as nosas filloas galegas. Para iso, engadimos unha cullerada de aceite de oliva sobre unha tixola para evitar que as filloas se queimen.

Collemos como referencia de tamaño un cullerón sopeiro por filloa. Vertémolo sobre a tixola e deixamos que se cociñe por un dos lados.

No momento no que comecen a aparecer burbullas, dámoslle a volta. Deixamos que se faga durante 15 segundos e retiramos da tixola.

Repetimos o proceso tantas veces como a masa permítanos, procurando facer o maior número de filloas.

Enchemos a nosa filloa cos grelos e o chourizo. A cantidade debe ser ao gusto, tendo en conta que a filloa debe pecharse. Dobramos á metade e listo. A gozar!

1565