Croquetas de espinacas

Unha receita de croquetas de espinacas moi sinxela de facer. Con moi poucos ingredientes, elaborarás un prato moi cremoso con Leite Larsa 100% Galego, 100% de Pastoreo.

Notas de interese / Consellos

Á hora de fritir as croquetas, o máis recomendable é que quentes o aceite antes de introducilas na tixola. Se o lume está demasiado alto, as croquetas queimaranse e non se farán por dentro.

Alérxenos

Lácteos, glute, ovo.

Que produtos de Larsa precisas para facer a receita?

Ingredientes

  • 300 g de espinacas
  • 750 ml de Leite Enteiro Larsa
  • ️90 g de fariña
  • ️1 cebola
  • 1 dente de allo
  • ️1 pouquiño de sal
  • Aceite de oliva
  • 1 ovo
  • Fariña y pan relado para rebozar

Elaboración

Lava as espinacas, retíralles os talos, córtaas finamente e resérvaas ata que chegue o momento de incorporalas á receita.

Pela e pica a cebola e o allo e ponos a refogar nunha tixola cun pouquiño de aceite.

Cando comecen a transparentar, incorpora a fariña e remove a mestura durante un par de minutos. Engade o leite e o sal, e sen deixar de remover, cociña a bechamel durante 10 minutos.

Transcorrido ese tempo, agrega as espinacas, remove a mestura e deixa que se cociñen durante 5 minutos.

Verte a masa nunha fonte e espera a que se arrefríe. Cúbrea con papel film e introdúcea no frigorífico durante 24 horas.

Saca a masa da neveira, córtaa en pequenas porcións e, axudándote de dúas culleres, dalles forma redonda.

Prepara tres pratos, un para a fariña, outro para o ovo batido e o último para o pan relado. Reboza as túas croquetas seguindo a orde: primeiro fariña, logo ovo e despois pan relado.

Pon unha tixola ao lume con abundante aceite e deixa que alcance unha temperatura media. Introduce as croquetas e fríteas polos dous lados.

Escórreas nunha fonte cuberta con papel de cociña.

Que aproveite!

1493