Beneficios de consumir iogur con froita

Os Iogures Larsa, e especialmente o Iogur Sabor Vainilla, son un esencial en calquera frigo Larseiro. Sabemos que vos encantan!   

 E aínda que os Iogures Larsa son de seu moi nutritivos e deliciosos, hoxe querémosvos contar en detalle os beneficios que presenta combinalos con froita: achega nutrientes, como fibra, e aumenta a achega de vitaminas e minerais, ademais de ter un sabor delicioso. Segue lendo para descubrilos en detalle!  

Froita e iogur: unha combinación perfecta

Como che adiantabamos, combinar o iogur con froita presenta beneficios para a túa saúde. A continuación, explicámosche algunha das súas implicacións en detalle:

  • Nutrientes  

Consumir iogur con froita permitirache gozar dunha combinación equilibrada de nutrientes esenciais. A froita proporcionarache vitaminas, minerais e fibra dietética, mentres que o iogur é rico en proteínas, calcio, graxas, vitaminas e, ademais, contén probióticos. Estes últimos axudan a manter a nosa microbiota intestinal equilibrada, facilitando o equilibrio do noso sistema dixestivo.   

 O resultado? Un match perfecto co que lle proporcionas ao teu organismo todos os nutrientes necesarios. Todo vantaxes!   

  •  Saciedade e control do apetito

Algunha vez consumiches froita e sentícheste saciado? Isto débese a que a froita é un alimento baixo en calorías e rico en fibra, o que contribúe ao control do peso e xera unha sensación de saciedade no corpo. Por outra banda, os iogures, posúen un contido interesante en proteína, ademais do resto de nutrientes que achega sen un consumo excesivo de enerxía.  

  • Saúde cardiovascular

Tanto a froita como o iogur son alimentos que favorecen a saúde cardiovascular. E xuntas, aumentan os seus beneficios. Por unha banda, as froitas, especialmente as que son ricas en antioxidantes, e polo outro, o iogur que, debido ao seu contido de calcio, graxas saudables, péptidos bioactivos, vitaminas e minerais, pode axudar a manter os niveis saudables de colesterol e presión arterial 

  • Versatilidade 

 Un dos beneficios de consumir froita con iogur é a ampla variedade de sabores e combinacións posible. É dicir, experimentar con diferentes froitas e combinalas con diferentes tipos de iogur fará que o almorzo, a beliscada de media mañá ou a merenda sexan máis apetecibles e pracenteiras. Ademais, se che apetece, tamén podes experimentar engadindo froitos secos, sementes, granola…   

A ter en conta

 Se polo que sexa non che apetece facer a combinación do iogur coa froita, en Larsa dispoñemos de Iogures con froitas, produtos elaborados con Leite de Pastoreo 100% galega que están deliciosos. Imaxínate a cremosidade do iogur combinada con anaquiños de froita!   

Ademais, lembra que a calidade da froita e o iogur é moi importante. Opta por froitas frescas e, por suposto, acompaña a túa elección coa ampla variedade de Iogures Larsa 😉 Produtos elaborados con Leite de Pastoreo, un modelo de produción que coida das vacas, do medioambiente e dos consumidores, que se caracteriza polo seu sabor e a súa textura a leite de toda a vida. 125 g de sabor e cremosidade nun só vasiño de iogur!  

  En Larsa poderás atopar Iogures tradicionais como o Iogur Natural ou o Iogur Sabor Vainilla, Iogures con froitas, Iogures desnatados, Iogures bífidus, Sobremesa ou Iogures Cremosísimos. Un amplo abano para que as túas ceas sexan máis variadas e divertidas!  

 

 

Descubre todos los beneficios de consumir yogur Larsa con fruta

1061