O Queixo galego con D.O Arzúa-Ulloa é un dos queixos máis famosos da gastronomía galega.
Un produto con Denominación de Orixe, que como ben indica o seu nome, é característico das comarcas galegas de Arzúa e de Ulloa. O Queixo con D.O Arzúa-Ulloa é o queixo decano de Larsa, converténdose no primeiro produto elaborado pola marca, alá polo ano 1933. Con el comezou a nosa Queixería!
Se es #CheeseLover, é probable que coñezas este queixo e mesmo poida que sexa un dos teus favoritos. Con todo, quizais non saibas estas 5 curiosidades que ademais de facerche profundar neste produto, faranche gañar o queixo do trivial. E nunca mellor dito! ?
1. Tres tipos de queixo
O Queixo con Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa caracterízase pola súa materia prima, un leite procedente de vacas con razas Rubia galega, Pardo alpina e Frisona. En función das características físicas e de maduración do queixo, podemos diferenciar tres tipos distintos: Arzúa-Ulloa, Arzúa-Ulloa de Granxa e Arzúa-Ulloa Curado.
Arzúa-Ulloa: Trátase dun queixo de pasta branda, elaborado con leite cru ou pasteurizado, que ten un período de maduración mínimo de seis días. A súa forma é cilíndrica con bordos redondeados e a súa cortiza é fina e elástica de cor amarela. A súa pasta interior ten aspecto brillante, sen gretas e poucos ollos, de cor entre branco marfil e amarelo pálido.
Arzúa-Ulloa de Granxa: Queixo elaborado con leite cru ou pasteurizado, sendo a principal diferenza a orixe do leite, que neste caso procede da propia explotación.
Arzúa-Ulloa Curado: Este queixo contempla un período de maduración maior que o observado nas dúas variedades anteriores, prolongándose ata un mínimo de 6 meses dende a elaboración do queixo. En consecuencia, a súa pasta cambia de forma, adoptando un aspecto compacto cun forte aroma a manteiga e unha sensación picante. Esta variedade é a que atoparás na Queixería Larsa!
2. Un queixo de tres provincias
O nome deste queixo pode dar a confusión e é que, aínda que a priori pódese pensar que o Queixo con D.O Arzúa-Ulloa elabórase simplemente nas comarcas de Arzúa e de Ulloa, isto non é de todo así.
A realidade é que se trata dun produto cunha área de produción máis extensa, situando a súa elaboración no corazón de Galicia e implicando ata tres provincias:
– Provincia da Coruña: Arzúa, Boimorto, O Pino, Touro, Curtis, Vilasantar, Melide, Santiso, Sobrado, Toques, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Boqueixón e Vedra.
– Provincia de Lugo: Antas de Ulla, Monterroso, Palas de Rei, Carballedo, Chantada, Taboada, Friol, Guntín e Portomarín.
– Provincia de Pontevedra: Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda, Vila de Cruces e A Estrada.
3. É o queixo máis producido de Galicia
En Galicia, además do Queixo con D.O Arzúa-Ulloa, destacan outras variedades como o Queixo Galego con D.O de Tetilla ou o Queixo do Cebreiro. A realidade é que, a pesar de que todas son coñecidas, o Queixo con D.O Arzúa-Ulloa é o máis consumido e producido na nosa comunidade autónoma, presentando unha produción superior ao 50% do total de queixos elaborados.
4. O primeiro de Larsa
O Queixo con D.O Arzúa-Ulloa inaugurou a Queixería Larsa en 1933, converténdose no primeiro Queixo de Arzúa elaborado de forma profesional.
Un produto precedido por moitos outros que non perdeu a súa esencia única e o seu sabor característico. Se non o probaches aínda, adiantámosche que se trata dun queixo con textura cremosa e pasta branda que se caracteriza por un resaibo lixeiramente picante. Podes consumilo só, con pan, en tosta ou nas túas receitas máis doces ou salgadas. Goza de todo o seu sabor!
5. Apunta esta data: 3, 4 e 5 de marzo
Se es un auténtico fan e queres sabelo todo acerca do universo do Queixo con D.O Arzúa-Ulloa, temos que informarche de que a este queixo dedícaselle unha festa propia.
Chámase ‘A Festa do Queixo de Arzúa’ e celébrase no Recinto Feiral ‘Terra do Queixo’ no concello de Arzúa, durante a primeira fin de semana de marzo. Pinta ben, verdade?
Se non queres esperar, pensa que sempre podes atopar o noso produto Queixo con D.O Arzúa-Ulloa Larsa no teu supermercado favorito. Estarás a gozar dun produto auténtico, elaborado con Leite de Pastoreo 100% Galego, que se coroa como un produto que abandera a esencia da tradición galega. Goza do sabor xenuíno de Galicia!