7 cousas que aprendemos nun Día de Pastoreo

En Larsa cremos que a mellor maneira de confiar nos produtos que poñemos na nosa mesa é coñecer a súa orixe. Por iso, abrimos as portas das nosas ganderías de Pastoreo, para que os nosos Larseiros tivesen a oportunidade de compartir un día cos gandeiros e as súas familias, observando de primeira man como viven e traballan.

As xornadas de “Un Día de Pastoreo” permitíronnos dar a coñecer todo o coidado e dedicación que hai detrás de cada cartón de leite, cada iogur ou cada queixo elaborado con Leite de Pastoreo Certificado Larsa.

Neste artigo recompilamos todo o que descubrimos xunto aos nosos queridos Larseiros, incluídas as curiosas relacións entre as vacas e os gandeiros que as coidan.

As vacas de Pastoreo son máis áxiles

As vacas en réxime de Pastoreo, a diferenza das vacas estabuladas, están habituadas a saír a pastar libremente durante 6 horas ao día un mínimo de 120 días ao ano.

As vacas recoñecen os seus nomes

Preguntácheste algunha vez se as vacas saben que as estamos chamando? A resposta é afirmativa. Iso si, debes saber que as vacas diferencian unicamente a última letra ou sílaba do seu nome. Deste xeito, as vacas que fosen bautizadas con nomes menos comúns responden rapidamente á chamada do gandeiro, xa que identifican con claridade o seu nome.

Pero o habitual é que as vacas teñan nomes femininos, terminados en a, polo que non reaccionan igual á chamada do gandeiro. Nestes casos, a mellor opción é recorrer ao contacto directo coa vaca. Por iso, as vacas con nomes diferentes son as primeiras en saír pastar, dirixindo ao resto do gando.

É común que os gandeiros empreguen nomes similares para referirse a unha familia de vacas con asociacións de nomes entre irmás, nais e fillas. Por exemplo, a familia das flores con vacas chamadas Rosa, Camelia ou Margarita e, aínda que pareza sorprendente, tamén hai vacas con nomes tan peculiares e coñecidos como Arya ou Daenerys, protagonistas da serie Xogo de Tronos.

O verdadeiro pracer das vacas: comer algo verde

Se hai algo que as nosas vacas adoran é comer algo verde e fresco como a herba. Este sinxelo pracer mantenas felices e garante a produción dun leite cunha calidade, sabor e textura superior á convencional.

As vacas de Pastoreo son máis sociables

Unha vaca que pasta en liberdade ten unha calidade de vida distinta que aquelas que permanecen nun cortello.

As vacas de Pastoreo son máis felices e activas e por iso, a súa actitude tanto co resto do gando coma cos gandeiros é distinta.

As vacas de Pastoreo están rodeadas doutras vacas e saen a pastar e a descansar en compañía, relacionándose activamente unas con outras. Do mesmo xeito, crean lazos cos gandeiros e as súas familias, mostrándose próximas e cariñosas con eles.

O Pastoreo respecta a biodiversidade da contorna natural

O Pastoreo é un modelo de produción tradicional galego que se caracteriza por respectar e fomentar a biodiversidade da contorna. As vacas móvense libremente polas diferentes parcelas onde pastan cada día, de maneira que van dispersando as sementes e rexenerando o chan grazas ao abono natural que producen. Así, o terreo e a herba teñen unha maior calidade, actividade biolóxica e redúcese a necesidade de empregar abonos químicos ou herbicidas.

A propia acción natural das vacas nos pastos actúa contra o cambio climático, ao reducir a pegada ambiental, compensando os niveis de carbono. Ademais, as vacas poden alimentarse e cortar herba en todas as zonas dos pastos, a diferenza das ferramentas agrícolas. Deste xeito, evítase ter que utilizar maquinaria para achandar o terreo e as parcelas mantéñense coidadas, diminuíndo o risco de sufrir incendios nos montes galegos.

A cor e sabor do Leite de Pastoreo cambia ao longo do ano

Sabías que o leite das nosas vacas cambia de cor e sabor segundo a estación do ano? No inverno, o leite é dun ton branco inmaculado, mentres que na primavera adquire unha cor case amarela. Isto débese aos distintos nutrientes e á composición da herba da que as vacas se alimentan en cada estación.

O Leite de Pastoreo é por tanto un produto cunha calidade e sabor superiores, caracterizado por un corpo e textura únicos.

Roteiros exclusivos para o leite de Pastoreo

Recoller o Leite de Pastoreo é un proceso coidado e rexistrado ata o último detalle. Para garantir a orixe, a calidade e a seguridade do noso Leite de Pastoreo, Larsa leva a cabo un control e monitorización exhaustiva de todas as etapas dos nosos produtos lácteos, desde a súa recollida ata a súa distribución nos supermercados.

En Larsa utilizamos cisternas previamente esterilizadas e tratadas especialmente para que o noso Leite de Pastoreo non se mesture co leite convencional e así garantir que non se produza ningunha interferencia.

Os roteiros exclusivos de Pastoreo son traxectos nos que se cargan os tanques do camión cisterna unicamente con leite producido nas nosas ganderías en réxime de Pastoreo.

En Larsa estamos comprometidos co Pastoreo, sabendo de primeira man que é un sistema natural, respectuoso co medio ambiente e coas nosas vacas que garante a obtención dun leite de gran calidade e sabor coa que elaboramos os produtos de Pastoreo que tanto che gustan. #AquíFacémoloAsí 😉

953