☰

Cantas calorías achega o leite?

Descubre cantas calorías achegan o leite enteiro, semidesnatado e desnatado Larsa, de onde procede a súa enerxía e que opción pode encaixar mellor na túa alimentación.  

Achega o leite a mesma enerxía en todas as súas versións?

O leite enteiro, o semidesnatado e o desnatado comparten unha base nutricional moi semellante, pero non achegan exactamente a mesma cantidade de enerxía. A principal diferenza está no seu contido en graxa: canto maior é a proporción de materia graxa, maior é tamén o seu valor enerxético. 

Cantas calorías ten o leite?

Os nosos Leites Tradicionais Pastoreo Larsa achegan, por cada 100 ml: ·  

Se tomamos como referencia un vaso de 250 ml, a achega aproximada é de 158 kcal no leite enteiro, 113 kcal no semidesnatado e 85 kcal no desnatado. 

Comparativa da enerxía por 100 ml e por vaso

Variedade  Enerxía por 100 ml  Enerxía por vaso de 250 ml  Graxa por 100 ml 
Leite enteiro  63 kcal  ≈ 158 kcal  3,6 g 
Leite semidesnatado  45 kcal  ≈ 113 kcal  1,55 g 
Leite desnatado  34 kcal  85 kcal  0,25 g 

 

E de onde procede a enerxía do leite?

A enerxía do leite procede dos seus tres macronutrientes: hidratos de carbono, proteínas e graxas. O seu principal hidrato de carbono é a lactosa. Tanto os hidratos de carbono como as proteínas achegan 4 kcal por gramo, mentres que a graxa achega 9 kcal por gramo. Por iso, aínda que as tres variedades conteñen cantidades semellantes de hidratos de carbono e proteínas, o seu valor enerxético varía en función da cantidade de graxa. Nos nosos Leites Tradicionais Pastoreo Larsa, os hidratos de carbono sitúanse arredor de 4,6-4,7 g por cada 100 ml e as proteínas arredor de 3,1-3,2 g. O que cambia, segundo a variedade, é a materia graxa: 3,6 g no leite enteiro, 1,55 g no semidesnatado e 0,25 g no desnatado. 

Cambian tamén as proteínas e o calcio?

Escoller un leite con menos graxa non significa renunciar ás proteínas nin ao calcio. O leite é fonte de proteínas de alto valor biolóxico, xa que achega todos os aminoácidos esenciais que o organismo necesita. Ademais, as tres versións presentan un contido proteico moi semellante e achegan 120 mg de calcio por cada 100 ml. Nun vaso de 250 ml, isto equivale a 300 mg de calcio, o 37,5 % do valor de referencia dos nutrientes.  

Leite enteiro, semidesnatado ou desnatado: cal escoller?

  • Leite enteiro: é a opción con máis enerxía e graxa, e conserva unha textura máis cremosa e un sabor intenso. 
  • Leite semidesnatado: ofrece un punto intermedio, con menos enerxía ca o enteiro.  
  • Leite desnatado: é a alternativa con menor achega enerxética e cun contido de graxa moi reducido.  

A mellor elección depende do conxunto da alimentación, das preferencias persoais e das necesidades enerxéticas de cada persoa. Máis alá das calorías, convén valorar a ración, a frecuencia de consumo e os alimentos que acompañan ao leite. As tres opcións poden formar parte dunha alimentación saudable, variada e equilibrada. 

Sexa enteiro, semidesnatado ou desnatado, os nosos Leites Tradicionais Pastoreo Larsa manteñen a achega de calcio e proteínas con distintos niveis de graxa e enerxía. Tres opcións elaboradas con leite 100 % galego para que poidas escoller a que mellor encaixe no teu día a día sen renunciar ao sabor do leite de sempre. 

662