A salsa de queixo é sempre un bo acompañante para os nosos pratos, sobre todo se es un amante deste derivado lácteo. Para todos os larseiros, temos unha ampla gama de queixos cos que poderedes facer salsas moi diferentes e saborosas. Todos eles están elaborados a partir da maduración da callada da mellor materia prima: leite 100% Galego, moitos deles producidos con Leite de Pastoreo.
O seu sabor e textura inigualable farán que poidas elaborar diferentes tipos de salsas de queixo. Se xa estás a pensar a que prato engadir este delicioso acompañante, toma nota, porque imos explicarche como elaborar a salsa de queixo perfecta con tódalas variedades que temos en Larsa. Comezamos!
Que ter en conta á hora de elaborar a salsa de queixo?
Cando vaias escoller o tipo de salsa de queixo que queiras, é importante ter en conta algúns aspectos para obter o resultado que queremos, xa que non todos os queixos son iguais.
O tipo de queixo
Entre a ampla variedade de queixos, hai algúns que son máis acordes para elaborar unha salsa. Entre tódolos tipos que temos en Larsa, nós recomendámosche usar os Queixos Galegos con Denominación de Orixe, Queixos Barra, Queixo Bóla, Queixo Fresco ou o Queixo en Tacos. Cada un deles, achegará un sabor e textura diferentes á nosa salsa que non te deixará indiferente.
A temperatura e o tempo de cocción
Os teus mellores aliados á hora de cociñar cun dos queixos anteriores son a moderación na temperatura e a lentitude na cocción. É importante evitar a calor excesiva, xa que perderiamos o sabor e a textura do queixo. Lume baixo e paciencia, ese é o mellor consello.
O prazo de consumo
Unha vez fundimos o queixo para a nosa salsa, este vaise integrando co resto dos ingredientes, perdendo as súas características orixinais. Se queres gozar do mellor sabor e textura da túa salsa de queixo, recomendámosche que a consumas unha vez emprates.
Pasos para elaborar unha salsa de queixo
Para elaborar a nosa salsa de queixo, ademais do teu queixo preferido Larsa, necesitarás unha serie de ingredientes para que quede perfecta.
Ingredientes
- 100 g do teu queixo preferido Larsa
- 20 g de Manteiga Tradicional Larsa
- Media cullerada de allo en po
- 20 g de fariña de trigo
- 250 ml de Leite Semidesnatado Larsa
- Un chisco de sal e pementa negra
Elaboración
- O primeiro que imos facer é deixar preparado o queixo. Cun coitelo pequeno, cortámolo en cuadradiños, refugando a cortiza exterior (se a ten).
- Nunha tixola a lume medio, engadimos a manteiga e, cando se derrita, agregamos media cullerada de allo en po e removemos cun batedor de baleas.
- A continuación, incorporamos á tixola a fariña de trigo tamizada para que non faga grumos, removemos e cociñámola un par de minutos.
- Seguidamente, vertemos o leite aos poucos sen deixar de remover coas baleas. Cociñamos durante 3 minutos ata que a mestura teña textura de bechamel.
- Engadimos un chisco de sal e pementa, e mesturamos coas baleas.
- E chega a quenda do queixo! Incorporámolo á mestura e removemos lentamente ata que se funda para que estea todo integrado.
- Xa o temos! Goza da túa salsa de queixo Larsa 😋.
Tipos de salsa, queixo a queixo
Xa viches que facer unha salsa de queixo Larsa é ben sinxelo, pero hai algo que debes ter en conta: cada un ten a súa propia personalidade. Non vas acadar o mesmo resultado se usas un ou outro. Por iso, é importante saber previamente que resultado buscamos obter coa nosa salsa, xa que non é o mesmo o sabor suave que queremos conseguir cando estamos a cociñar para nenos, que outro máis forte e con corpo que podemos obter cunha salsa para un entrecosto ou solombo.
Salsa de Queixo Galego con Denominación de Orixe Larsa
Tanto o Queixo Galego con Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa como o Queixo Galego con D.O. Tetilla son os nosos queixos máis tradicionais e representativos da nosa terra, con garantía de sabor e calidade Larsa. O seu sabor é suave e a textura ultra cremosa, polo que fundilos para a nosa salsa será pan comido.
Co queixo de Tetilla vas conseguir unha salsa suave e cremosa, lixeiramente aceda e cun toque mantecoso, ideal para acompañar a carnes brancas, verduras ou pastas.
Co Arzúa-Ulloa, o resultado será extra cremoso e untuoso. O sabor terá notas a manteiga e un puntiño doce. Esta salsa recomendámola máis para gratinados, salsas para pasta, patacas ou como base para unha fondue.
Ao fundirse con facilidade, conseguiremos unha salsa cunha textura líquida e homoxénea. Recomendámosche que probes con algún deles, non te vas a arrepentir!
Salsa de Queixo de Barra ou Lonchas Larsa
Con textura firme e sabor suave, a salsa que imos obter con estes queixos graxos madurados dependerá do tipo que elixamos. En Larsa podes escoller entre o Queixo de Barra Tradicional, Queixo de Barra sen Lactosa e o Queixo de Barra Lixeiro.
Co Queixo de Barra Tradicional imos conseguir unha salsa cremosa e suave, de sabor lácteo e lixeiramente mantecoso. Podemos utilizala para pasta, patacas, gratinados ou, algo que nos encanta, mollar pan!
Se nos decantamos polo Queixo de Barra Lixeiro, o tipo de salsa será menos untuosa e máis lixeira. O sabor é suave, pero con menos graxa, mantendo o toque lácteo. Se queres unha salsa para acompañar a pastas ou verduras, esta é a túa.
Por último, co Queixo de Barra sen Lactosa imos conseguir unha salsa cremosa e homoxénea, de sabor suave e sen diferenzas notables fronte ao queixo con lactosa. Os seus usos son moi variados: desde pasta ou gratinados, para dipear cuns nachos ou para acompañar a peixes e verduras. Se queres máis intensidade, podes engadir un toque de allo ou noz moscada. Ti decides!
Salsa de Queixo Bóla Larsa
O Queixo Bóla é un dos nosos queixos máis representativos desde os anos 80. Elaborado con Leite de Pastoreo, é perfecto para toda a familia. É de textura firme e se o usamos para facer unha salsa, conseguiremos un acompañante cremoso e fundente, pero con certa elasticidade. Esta salsa é de sabor suave, cunha lixeira dozura, similar ao queixo Gouda. A textura é un pouco máis densa en comparación a outros queixos máis tenros. Podes usala para un gratinado, acompañar hamburguesas ou sándwichs, mollar con pan ou como salsa para carnes brancas, como o pito. Recomendámosche probala engadindo un toque de mostaza ou pemento.
Salsa de Queixo San Simón de Larsa
Co Queixo en tacos San Simón de Larsa vas descubrir un toque afumado, cunha textura semiblanda e un sabor equilibrado entre mantecoso e afumado. Cando o utilices para facer unha salsa de queixo, o resultado será cremoso e lixeiramente afumado, cun sabor suave e unha textura sedosa e fundente. Esta salsa é perfecta para acompañar a carnes á grella, excelente para pastas ou risottos, verduras asadas ou ao vapor e combina moi ben con hamburguesas ou sándwichs. Como ves, é un queixo que combina ben con todo!
Salsa de Queixo Fresco Larsa
O Queixo Fresco é o acompañante ideal para unha cea lixeira pero si, tamén pode ser en forma de salsa. O resultado será unha salsa lixeira, fresca, lixeiramente aceda e cremosa, pero non moi elástica. É máis líquida que as anteriores salsas de queixo, polo que é ideal para mesturar con ingredientes de maior consistencia. Esta salsa será un bo aderezo para ensaladas, unha opción para dipear con crudités ou torradas, acompañante de peixes ou mariscos –achegando un toque fresco-, ou mesturarse con iogur para conseguir unha salsa estilo mediterráneo.
Estes son todos os tipos de salsas que podes conseguir cos queixos Larsa. Como ves, non hai alimento que non se deixe acompañar por algunha delas. Próbaas e dinos cal é a túa favorita! 🙂