Como seleccionar o queixo perfecto para cada ocasión?

O queixo é parte esencial da nosa alimentación e non pode faltar nas mesas dos nosos larseiros. Pero, sabes como seleccionar o queixo perfecto para cada ocasión? Neste artigo compartimos algúns consellos para que elixas o queixo ideal e saibas como maridar os nosos queixos Larsa de forma perfecta.

Os nosos queixos están elaborados a partir da maduración da callada da mellor materia prima: leite 100% Galego e, moitos deles prodúcense con Leite de Pastoreo.

A calidade dos ingredientes empregados para facer os queixos da Queixería Larsa garante un sabor inigualable e ten beneficios nutricionais. Este alimento achega gran cantidade de calcio e proteínas de alto valor biolóxico, vitaminas A, B2, B12 e minerais como o sodio e o potasio.

Se queres organizar un aperitivo, unha cea, preparar o mellor almorzo ou merenda para a túa familia, con Larsa triunfarás sempre. En Larsa levamos producindo Queixo tipo Arzúa 91 anos, polo que, quen mellor que nós para recomendarche o queixo perfecto para cada ocasión?

Como seleccionar un bo queixo?

Cando vaias comprar o teu queixo Larsa é importante que teñas ben definida a ocasión na que o servirás: será un aperitivo, unha cea ou un almorzo? Isto axudarache a seleccionar o tipo de queixo máis apropiado.

Os queixos poden ser suaves, cremosos, afumados, curados ou madurados, entre outros. Pensa nos gustos e preferencias dos teus familiares e amigos e en como se complementarán co resto dos alimentos cos que o vaias a acompañar.

Algúns queixos combinan á perfección con froitas, marmelo, mel, chocolate ou froitos secos, podes atreverte coas maridaxes máis innovadoras para sorprender aos teus invitados e gozar dunha experiencia gastronómica inesquecible.

Queixo Bóla Larsa, perfecto para todo tipo de aperitivos

O Queixo bóla Larsa é un clásico que nunca falla e lévanos acompañando desde os anos 80, coa súa característica cobertura de cor vermella. A súa textura firme e o seu sabor suave e tenro convérteno no queixo ideal para calquera petisco, acompañado con marmelo, froitos secos ou pan. Este alimento acepta todo tipo combinacións. Ademais, é moi fácil de cortar e podes presentalo en pequenos cubos e convertelo nun bocado moito máis atractivo para os máis pequenos da casa.

Queixo en taco San Simón afumado Larsa, indispensable para unha cea con amigos

Se tes unha cea e queres sorprender aos teus amigos, na túa mesa non pode faltar o Queixo en taco San Simón afumado Larsa. O seu sabor profundo e notas afumadas convérteo nun queixo indispensable en calquera reunión ou aperitivo informal. En cubos ou pequenas porcións, pode formar parte dunha táboa de queixos. Éxito seguro!

Queixos con Denominación de Orixe, os reis da sobremesa e a mellor opción para acougar a morriña

Nada mellor que os queixos con Denominación de Orixe, como o Arzúa-Ulloa e o Queixo de tetilla, para sentirte preto de casa e gozar do sabor tradicional e xenuíno de Galicia.

O Queixo con D.O. Arzúa-Ulloa, coa súa textura manteigosa e sabor suave, é ideal para terminar unha boa comida familiar. Só, con marmelo, pan, noces ou un pouco de mel, é un alimento interxeracional, que encanta a maiores e pequenos. Ademais, este queixo é súper versátil e pode ser o protagonista de pratos como unha crema de queixo e brócoli ou un risoto cremoso de cogomelos con queixo Arzúa-Ulloa.

O Queixo Galego con D.O. Tetilla é unha opción moi suave, cremosa e cunha forma moi característica, que o converten nun imprescindible en calquera sobremesa. É perfecto para acompañar con friames, pan, e mesmo gratinado en calquera receita moderna. Un sabor galego, inconfundible, para todo tipo de pratos.

Prepara unha cea lixeira e suave co noso Queixo Fresco Larsa

O Queixo fresco Larsa é unha opción nutritiva, saborosa e suave, perfecta para un almorzo enerxético ou unha cea lixeira. Non hai queixo mellor para acompañar ensaladas, verduras gratinadas ou unha torrada de pan acabada de  facer.

Queixo en liscos Larsa, o ingrediente estrela para as nosas merendas

O Queixo en liscos e en barra de Larsa é o rei das nosas merendas. Podes utilizalo en sándwichs, bocadillos, en gratinados ou comelo só. Goza do queixo en liscos ou en barra nas versións clásico, sen lactosa e lixeiro. Este queixo é unha opción perfecta para picar entre horas e preparar un petisco ou aperitivo entre horas moi livián.

Conserva o teu queixo Larsa nas mellores condicións

Para gozar do queixo perfecto en calquera ocasión é fundamental conservalo ben para que non se reseque e perda as súas propiedades organolépticas. A temperatura adecuada sitúase entre os 8 e 12º no caso de que se trate dun queixo de tapa dura e descende aos 4 e 8º se se trata dun queixo de pasta branda.

Dentro da neveira, debes situalo nas zonas menos frías. Ademais, para conservalo durante máis tempo, é recomendable envolvelo nun pano algo humedecido ou o envase orixinal ou papel encerado en caso de tratarse dunha pequena porción ou cuña de queixo.

Un truco para evitar a aparición de mofo no teu queixo consiste en pasar un coitelo pola superficie, coma se estiveses untando manteiga. Desta maneira, impídese a entrada de osíxeno ao interior do queixo. Se o que queres conservar é queixo fresco, a mellor maneira é dentro do seu envase orixinal ou cubrindo o queixo con salmoira nun recipiente de uso alimentario co tamaño adecuado.

Agora que sabes como seleccionar o queixo perfecto para cada ocasión, só tes que ir á túa tenda ou supermercado de confianza. Lembra que, cos queixos de Larsa, cada momento é especial 😊

883