Como preparar un capuchino na casa?

Poucas cousas poden compararse coa sensación de comezar o día tomando un bo capuchino recentemente feito, coa súa escuma suave e cremosa mesturándose perfectamente co café. Ademais, o truco para que saia perfecto está na temperatura do leite. 

Se quentas de máis o leite, perderá esa textura cremosa que tanto nos gusta aos larseiros. O ideal? Non superar os 65ºC para evitar que a escuma perda a súa consistencia, e para iso os nosos leites de Pastoreo obtidos de vacas que pacen en liberdade son perfectos. 😉 

A curiosa historia de como se inventou o capuchino

Seguro que algunha vez preguntácheste de onde vén o nome de “capuchino”. Pois ben, a súa orixe ten unha historia bastante curiosa. A palabra capuchino provén dos monxes capuchinos, que se caracterizaban polos seus hábitos marróns, case idénticos á cor que adquire o café ao mesturarse coa escuma do leite. 

Estes monxes non adoitaban levar a carapucha dos seus hábitos, polo que en Italia chamábanos scappuccini, que significa desencarapuchados. 

A pesar de que o nome do noso café é italiano, o primeiro capuchino fíxose fóra de Italia, en Viena. Este primeiro capuchino serviuse nun local vienés, e a súa cor, similar ao dos hábitos dos frades, foi o que inspirou o seu nome. 

Ingredientes para un capuchino 100% caseiro

  • 30 ml de café 
  • Un chisco de cacao en po ou canela 

Que utensilios vas necesitar?

  • Unha cafeteira 
  • Un escumador de leite 
  • Unha pota pequena 
  • Unha cunca 

Como facer o capuchino en casa paso a paso

Como en calquera receita, o primeiro que debes ter en conta para preparar un bo capuchino é contar con todos os ingredientes e utensilios necesarios. Unha vez que teñas todo, podemos poñernos ao choio. 

  1. En primeiro lugar, imos facer un expreso. Se temos unha cafeteira exprés, usámola para obter un curto de café intenso e delicioso. Se non temos unha, non pasa nada, podemos empregar unha cafeteira italiana. O máis importante é que o café estea ben concentrado.
  2. Agora quentamos o leite nunha pota pequena ata uns 65 ºC, sen deixar que ferva, para logo poder acadar a textura cremosa da escuma.
  3. Unha vez teñamos o leite quente, escumámolo. Coa axuda dun escumador eléctrico ou manual, creamos unha escuma densa e cremosa.
  4. Para rematar, montamos o capuchino. Primeiro vertemos o expreso nunha cunca ancha. Deseguido, agregamos o leite quente, verténdoo con coidado para que non se mesture demasiado rápido co café e, coa axuda dunha culler, colocamos a escuma do leite por enriba, formando unha capa grosa e cremosa.
  5. Para decorar, empoeiramos cun pouco de cacao en po ou canela para darlle un extra de sabor.
  6. E listo! Agora xa temos un capuchino digno dunha cafetería, feito na casa e co sabor auténtico do noso leite de Pastoreo. 

Truquiños larseiros

  • Se non tes un escumador, non te preocupes: podes usar un frasco de cristal. Só tes que verter o leite quente no frasco, pechalo ben e axitalo con forza durante 30 segundos. 
  • O noso leite de Pastoreo enteiro é perfecto para facer unha boa escuma debido ao seu contido en graxa, o que o fai moito máis cremoso que outros leites, conseguindo unha textura perfecta para o teu capuchino. 

Outras formas de gozar dun bo capuchino

Se queres sorprender aos teus convidados ou simplemente mudar un pouco a receita, proba as seguintes variacións: 

  • Capuchino con leite de Pastoreo semidesnatado sen lactosa: se es intolerante á lactosa, non tes por que renunciar ao delicioso sabor dun bo capuchino. Elabora a receita co noso leite sen lactosa e obterás a mesma cremosidade. 
  • Capuchino frío: Para os días calorosos, podes preparar un capuchino frío. Só precisas arrefriar o café con xeo e escumar o leite frío. 
  • Capuchino cun toque máis doce: Se es máis lambón, agrega un pouco de sirope de vainilla, caramelo ou abelá para dar un toque especial ao teu capuchino. 

Sen dúbida, o segredo está no leite

Non é por nada, pero se hai un ingrediente que pode marcar a diferenza no teu capuchino caseiro, ese é o noso leite de Pastoreo. En Larsa, apostamos por un leite de Pastoreo auténtico, obtido de vacas que gozan en liberdade durante polo menos seis horas diarias e que se alimentan de maneira completamente natural, a base de herba dos mellores pastos galegos e complementos naturais que os nosos gandeiros recollen coidadosamente. Porque como di unha das nosas últimas campañas, “Non é o mesmo”, todo o leite de Larsa procede do Pastoreo. Por iso, marchamos pa Larsa. 

Por todo isto, Larsa foi recoñecida como a primeira marca de leite en Galicia con certificación de Pastoreo, refrendada polo selo SGS, líder mundial en inspección e verificación. 😉 

1213