Intolerancia á lactosa e gama sen Lactosa Larsa

Es intolerante á lactosa ou alguén próximo o é? Estamos seguros, Larseiro, de que esta afección dixestiva resúltache familiar, pero pode que aínda teñas dúbidas acerca de que é, cales son os seus síntomas ou que tipo de alimentos podes consumir e cales debes evitar. Se queres coñecer todo o relacionado coa intolerancia á lactosa, hoxe é o teu día de sorte. 😉 Neste post aclarámoscho en detalle!

Que é a intolerancia á lactosa?  

A intolerancia á lactosa é unha afección que manifesta a incapacidade do corpo para dixerir a lactosa, un azucre presente de forma natural no leite e noutros produtos lácteos. Para poder dixerila, o noso corpo produce unha encima chamada lactasa, responsable de descompoñer a lactosa nos seus dous azucres sinxelos: glicosa e galactosa, no intestino delgado.  

Se o noso corpo xera suficiente lactasa, poderá dixerir a lactosa sen ningún inconveniente. O problema aparece no caso contrario, cando o noso organismo é incapaz de producila ou a súa capacidade vese minguada, dificultando a descomposición da lactosa. Isto é o que se coñece comunmente como intolerancia á lactosa.  

Seguro que coñeces a persoas con diferentes graos de intolerancia á lactosa, verdade? Isto débese a que algunhas persoas poden tolerar pequenas cantidades, mentres que outras poden ser máis sensibles, polo que deben evitar por completo os alimentos que conteñen lactosa. 

 Cales son os síntomas máis comúns?  

Non todos os intolerantes á lactosa sofren os mesmos síntomas. Con todo, entre os signos máis comúns, atopamos:  

  1. Malestar estomacal: As persoas intolerantes á lactosa poden experimentar inchazón ou gases, entre outros, despois de consumir produtos lácteos.  
  2. Náuseas ou vómitos: Un malestar estomacal máis agudo pode derivar en náuseas ou vómitos, diarrea, etc.  
  3. Malestar xeral: Outro dos síntomas pode estar relacionado cunha sensación de incomodidade, que se pode manifestar a través dunha sensación de debilidade, cansazo ou falta de enerxía. 

Que pasos debo seguir? 

Larseiro, se sospeitas que podes ter intolerancia á lactosa, é importante que consultes ao teu médico ou a un médico dixestivo, para obter un diagnóstico completo. Normalmente, para confirmar a intolerancia á lactosa efectúanse diferentes probas. Entre elas atópase o test de alento expirado, que é o máis utilizado, o test sanguíneo ou a biopsia do intestino delgado, entre outras. 

 Ademais, debes saber que, se non es intolerante nin experimentas molestias ao consumir lácteos, os produtos sen lactosa non son a elección máis recomendada. Consumir estes produtos de maneira habitual, sen ningún tipo de indicación médica, pode provocar que se reverta a situación no teu organismo, desenvolvendo intolerancia á lactosa no futuro. 

Gama sen Lactosa Larsa  

En Larsa contamos cunha ampla familia de produtos sen Lactosa, deseñada especialmente para aqueles intolerantes que non queren renunciar ao sabor, á textura e a calidade dos produtos Larsa. A gama sen Lactosa cumpre cos máis altos estándares de calidade e inclúe distintas alternativas para satisfacer os teus caprichos lácteos sen preocupacións. E é que a gama sen Lactosa non ten por que ser aburrida! 

 Leite sen Lactosa  

En Larsa atoparás Leite sen Lactosa semidesnatado ou Leite sen Lactosa desnatado. Dous leites que che permitirán gozar do sabor e a textura do Leite de Pastoreo, sen ter que renunciar aos teus almorzos ou merendas Larseiras. 100% sabor, 0% lactosa!  

 Queixo en lonchas sen lactosa  

Os bocadillos de queixo en lonchas Larsa acompañáronte toda a túa vida? Se a resposta é que si, e aínda non o sabías, vaste levar unha alegría. En Larsa elaboramos o mítico queixo en lonchas, o de toda a vida, sen Lactosa. Un produto suave con Leite de Pastoreo, perfecto para a túa alimentación sen Lactosa. Un soño, verdade?  

 Iogures sen Lactosa  

Que teñen en común o Iogur sen Lactosa sabor Limón, o Iogur sen Lactosa Natural, o Iogur sen Lactosa sabor Amorodo e o Iogur sen Lactosa sabor Vainilla? Pois que estes catro iogures son aptos para persoas con intolerancia á lactosa! 4 sabores sen nada de lactosa, que podes consumir sós, con avea, ou nas túas receitas máis doces. Adeus ás preocupacións á hora de elaborar sobremesas sen lactosa!  

 En definitiva, a intolerancia á lactosa é un trastorno frecuente entre a poboación. Se crees que podes sufrilo, o mellor é que cho confirme un profesional sanitario a través dunha proba médica. En canto á alimentación, cos produtos Larsa poderás seguir gozando dos sabores que tanto che gustan, agora sen lactosa. Goza do sabor e a textura do Leite de Pastoreo dunha forma máis pracenteira e dixestiva! 

488