Iogur Galaikos Natural con Mel

A sobremesa ou merenda ideal para quen adora o doce por encima de todo
Galaikos Natural con Mel está feito para os Larseiros que adoitan rematar toda comida ou merenda cun resaibo doce. O iogur grego natural máis galego cun pouco de mel, o adozante que mellor combina coa cremosidade e suavidade do noso Galaikos, e o sabor absolutamente diferencial do Leite de Pastoreo Certificado Larsa.
  • Valores medios por 100gr
  • Enerxía:486 kJ (116 Kcal)
  • Graxas:5,4 g
    • das cales
    • Saturadas:3,7 g
  • Hidratos de carbono:12,5 g
    • dos cales
    • Azucres:11,9 g
  • Proteínas:4,3 g
  • Sal:0,2 g
Leite enteiro, preparado de mel: 15% (auga, mel: 27%, azucre, amidón modificado, aroma, estabilizante: pectina, zume concentrado de limón), nata do leite, leite en po.
Galaikos-miel

Doce e cremoso como un xeado, pero en iogur

Galaikos Natural con Mel teno todo: un iogur delicioso, cremoso como a nata e doce como un xeado. Descobre o noso grego máis galego con resaibo a mel e goza de todo o sabor do Leite de Pastoreo Certificado e dunha textura inigualable. Un iogur grego como nunca antes o probaras, elaborado co mellor leite, obtido de vacas que pacen en liberdade, nos mellores pastos de Galicia. O sabor que nos faltaba nas nosas máis de 30 variedades de iogur para conquistar aos amantes do doce.

A sobremesa ou merenda ideal dos Larseiros larpeiros

Un recordo desas merendas despois do cole, unha homenaxe ás incansables abellas que comparten 'oficina' coas nosas vacas de Pastoreo e unha resposta aos Larseiros máis Larseiros. Todo iso é Galaikos Natural con Mel, elaborado con Leite de Pastoreo Certificado, un iogur ideal como sobremesa ou que pode eclipsar calquera merenda ou almorzo se o sabor doce é un plus para ti. Próbao e descubre porqué dicimos que Galaikos une o mellor da cremosidade dun grego co sabor diferencial do Pastoreo Larsa. Vai por ti, Larseiro larpeiro!

854