iogur sobremesa mazá ao forno
Todo o sabor da mazá ao forno nunha sobremesa láctea con deliciosos anacos de froita
A Sobremesa Mazá ao Forno con Leite de Pastoreo lembrarache esas receitas tan típicas da avoa a base dunha boa mazá asada, canela e azucre. Un sabor tan de noso que non podía faltar na gama de iogures e sobremesas lácteas máis diversa do mercado
- Valores medios por 100grs
- Valor Enerxético:393KJ (93Kcal)
- Grasas:3,3 g
-
- do cal
- Saturadas: 2,2 g
- Hidratos de carbono:12,1 g
-
- do cal
- Azucres: 11,4 g
- Proteinas:3,7 g
- Sal:0,1 g
- Calcio:120 mg (15% VRN)

Cremosa como o leite; doce como a mazá
Unha receita e unha fórmula únicas fan da Sobremesa Mazá ao Forno unha combinación perfecta: o doce da mazá ao forno e a cremosidade especial que lle dá o Leite de Pastoreo, a materia prima que producen as nosas vacas, criadas ao aire libre e con alimentación 100 % natural.
Unha sobremesa para comer acotío
Se che gusta o sabor a mazá, non deixes de probar a nosa Sobremesa Mazá ao Forno. Deléitate cos seus anaquiños de froita e co seu intenso sabor a mazá asada para merendar ou para desfrutar dese toque doce que tan ben senta despois de comer.