Croquetas de boletus e queixo de tetilla

Un prato que sempre sabe como meterse no corazón de todos!

Notas de interese / Consellos

Ai, as croquetas! Sen dúbida, son ese prato que sempre sabe como meterse no corazón de calquera larseiro e que xamais falla. A nosa receita de croquetas de boletus e queixo de tetilla posúe un sabor intenso e moi suave ao mesmo tempo. Non hai quen se resista! 😉 Os boletus, que medran nos montes de Galicia, pódense atopar frescos en supermercados, mercados ou mesmo en conserva. A súa tempada vai desde finais do verán ata finais do outono, especialmente despois das chuvias, cando adoitan aparecer entre 10 e 14 días despois de que chova. Así que, xa tes o delantal listo?

Alérxenos

Ovos, lácteos, glute.

Que produtos de Larsa precisas para facer a receita?

Ingredientes

  • 200 g de boletus
  • 100 g de queixo galego con D.O. Tetilla Larsa
  • 500 ml de leite enteiro de Pastoreo Larsa
  • 50 g de manteiga tradicional Larsa
  • 1 cebola pequena
  • Unha pizca de sal
  • Unha pizca de pementa
  • Aceite de Oliva Virxe Extra
  • 100 g de fariña de trigo
  • 2 ovos
  • 100 g de pan relado

Elaboración

Lava, pela e corta en anacos pequenos os boletus se son frescos, ou hidrátalos en auga quente durante uns 20 minutos se son deshidratados, e escórreos ben. Reservaos.

Nunha tixola grande, derrite a manteiga tradicional Larsa a lume medio. Engade a cebola picada finamente e sofrite durante 5-7 minutos, ata que se volva translúcida e suave.

Incorpora os boletus á tixola e cociña a lume medio durante 5-8 minutos, ata que estean tenros e solten toda a súa auga. Engade sal e pementa ao gusto.

Noutra tixola, derrite outro anaco de manteiga tradicional Larsa e engade a fariña; remexe constantemente coa axuda dunhas baleas para evitar grumos. Cociña durante 1-2 minutos, ata que a fariña se toste lixeiramente.

Verte pouco a pouco o leite do tempo na tixola coa fariña, sen deixar de remexer coas baleas para evitar grumos. Cociña ata que espese ben, formando unha bechamel densa. Engade os boletus cociñados e mestura todo ben.

Agrega o queixo galego con D.O. Tetilla Larsa en anacos pequenos e segue remexendo ata que se derrita e se mesture perfectamente coa bechamel. Rectifica o sal e a pementa se é necesario.

Verte a mestura nunha fonte plana e deixa arrefriar a temperatura ambiente. Despois de que a masa se atempere, cúbrea con papel film transparente de modo que quede en contacto coa masa e refrixéraa durante unhas 4 horas, ou ata que a masa estea ben firme.

Unha vez fría, forma bolitas coas mans. Pásaas primeiro por fariña, logo por ovo batido e finalmente por pan relado, asegurándote de que queden ben cubertas.

Quenta suficiente aceite de oliva nunha tixola fonda ou nunha freidora. Fríe as croquetas en quendas, sen sobrecargar a tixola, durante 3-4 minutos por cada lado, ata que estean douradas e crujientes.

Coloca as croquetas sobre papel absorbente para eliminar o exceso de aceite. E listo! Sirve as croquetas de boletus e queixo de tetilla e acompáñaas dunha salsa para moer ou simplemente soas.

1020