Como mellora o leite de Pastoreo a calidade dos produtos lácteos?

En Larsa sabemos que a calidade dos nosos produtos lácteos comeza no campo, onde as vacas aliméntanse dos pastos. Esta conexión coa natureza mellora a vida das vacas e reflíctese na calidade superior do noso Leite de Pastoreo.

O leite de Pastoreo distingue os nosos produtos lácteos e ten un impacto positivo nas nosas vacas e os nosos prados. Neste artigo entenderás por que o leite de Pastoreo é o piar fundamental do noso compromiso coa calidade e a sustentabilidade.

Leite de Pastoreo: un ingrediente de calidade que mellora os nosos produtos lácteos

O leite de Pastoreo obtense de vacas que se alimentan principalmente de pasto e forraxe. Saír pastar non só mellora o benestar das vacas, senón que tamén inflúe directamente na calidade do leite que producen.

As nosas vacas saen a pastar ao aire libre, sempre que a meteoroloxía sexa favorable, 120 días ao ano como mínimo ou 6 horas ao día no último ano. Toda esta información está recollida nos Cadernos de Pastoreo dos gandeiros. Pero que ocorre en épocas de choiva ou mal tempo? A alimentación das nosas vacas de Pastoreo varía e aliméntanse con forraxes de herba e millo previamente colleitados e almacenados polos gandeiros. Para que a alimentación das nosas vacas sexa máis completa proporciónaselles a maiores, concentrado.

O leite producido polas nosas vacas de Pastoreo difire nalgúns aspectos o perfil nutricional, como vimos anteriormente, pero, ademais, este perfil nutricional varía ao longo do ano. A cantidade, tipo de nutrientes e minerais presentes no chan non é o mesmo durante os meses máis calorosos que nas estacións frías de choiva e vento. Isto fai que a cor, a textura, o corpo, o sabor e, sobre todo, a composición do Leite de Pastoreo poida presentar pequenas variacións.

Isto sen dúbida inflúe no perfil nutricional do leite de Pastoreo, superior ao do leite convencional. Estudos como o do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (A Coruña) ou o da Escola Politécnica da Universidade de Santiago xunto co Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL) conclúen que existe unha diferenza a favor do leite de Pastoreo no seu perfil lipídico, en comparación co leite convencional. Existe unha diminución no contido graxo e, ademais, presenta unha variación no tipo dos seus ácidos graxos, tendo unha proporción lixeiramente maior de ácidos graxos insaturados e unha menor proporción de ácidos graxos saturados.

Por outra banda, o contido das vitaminas e antioxidantes do leite de Pastoreo tamén se ve aumentado. Grazas á alimentación de pasto da vaca, o leite que se obtén presenta unha lixeira maior porción de carotenos e de vitaminas liposolubles, como son as vitaminas A e E. En Larsa valémonos destas calidades superiores do leite de Pastoreo para elaborar produtos lácteos deliciosos e máis nutritivos. Desde os nosos iogures ata os nosos queixos, cada un dos nosos produtos están elaborados con este leite, e dálles un sabor máis auténtico e unha textura máis agradable e cremosa.

Que vantaxes ten o Pastoreo?

O Pastoreo é un sistema de produción respectuoso coas vacas, a contorna, os propios gandeiros e, por último, pero non menos importante, cos Larseiros. Esta forma de producir leite é a nosa garantía de calidade e o noso sinal de identidade.

Leite de calidade

O noso leite de Pastoreo está certificado como Leite de Pastoreo co selo de Sociedade de Supervisión Xeral (SGS), unha entidade suíza líder na inspección e certificación do cumprimento normativo e de calidade. Ademais, o leite de Pastoreo procede de explotacións que están inscritas no “Rexistro de Explotacións de Calidade Diferenciada” (RECALDI), que certifican que a súa procedencia é Galega 100%.

Sustentabilidade ambiental

O Pastoreo é unha práctica sostible que reduce a dependencia de recursos externos como fertilizantes ou concentrados para alimentar ás nosas vacas. As nosas vacas abonan o terreo de forma natural e eliminan maleza, actuando como barreira, cortalumes ou devasa fronte aos posibles incendios nos montes. O Pastoreo mantén coidados os montes e os prados e reduce a acumulación de combustible vexetal e a maleza que pode propagar con maior facilidade un incendio. É tamén unha maneira de preservar a nosa contorna natural e non abandonala.

Impacto na comunidade local

As ganderías de Pastoreo están asentadas ao longo de toda a xeografía galega, converténdose no modo de vida e sustento económico de moitas familias e de pobos enteiros. Desta maneira, Larsa aposta pola xeración de riqueza no noso territorio e evita o éxodo rural, un dos principais problemas de Galicia.

Que efecto ten o Pastoreo nas vacas?

O Pastoreo afecta o benestar e ao estado de saúde das vacas. Se as nosas vacas están en liberdade e tranquilas, o produto será de mellor calidade. Se viches algunha das fotos ou vídeos das nosas vacas pastando comprenderás por que nosas vacas están tan felices.

Vacas máis tranquilas

As nosas vacas son libres para moverse e relacionarse de forma natural co medio ambiente. Esta maior liberdade inflúe na súa calidade de vida e no seu benestar. Como diciamos anteriormente, non só gozan dunha mellor saúde física e inmunolóxica, senón tamén mental. As nosas vacas están máis relaxadas, felices e non sofren de estrés.

Vacas máis sas

As vacas que pastan libremente teñen acceso a unha dieta natural e variada que contribúe a un sistema dixestivo máis saudable e unha vida máis longa. Ademais, ao saír a pastar ao aire libre un mínimo de 6 horas ao día durante 120 días ao ano, as vacas exercítanse e gozan dunha mellor saúde mental que aquelas que permanecen estabuladas todo o día.

Vacas máis lonxevas

Unhas vacas máis libres e felices producen leite de mellor calidade. Ademais, este estado de benestar tamén inflúe na súa capacidade reprodutiva. Canto máis felices e cómodas na contorna, máis aumenta a súa taxa de reprodución e tamén a súa esperanza de vida. De media as nosas vacas en réxime de Pastoreo teñen unha lonxevidade de 13 anos, fronte aos 6 das vacas en explotacións gandeiras intensivas. É dicir, as vacas de Pastoreo viven máis do dobre que o resto de vacas!

Ao confiar en Larsa, elixes produtos cun sabor superior, maior calidade e apostas pola tradición, porque esa é a nosa esencia. #AquíFacémoloAsí.

1318