Receita de canelóns de polo, espinacas e queixo

Receita tradicional cun recheo suave, tenro e de Pastoreo!

Notas de interese / Consellos

Para conseguir uns canelóns de polo, espinacas e queixo tenros debes ter en conta os tempos de cocción dos ingredientes para que o recheo non quede seco. Se a bechamel resulta moi espesa, podes engadir máis leite mentres a cociñas para alixeirala. Se queres un toque crocante nos teus canelóns, podes engadir piñóns á mestura.

Alérxenos

Lácteos, Froitos secos.

Ingredientes

Elaboración

Corta a peituga de polo. Sofrite nunha tixola o allo e a cebola uns minutos e agrega o polo xa cortado. Sazona o polo, dóurao e esmiúzao para o recheo.

Comezamos a preparar a bechamel. Funde a manteiga e incorpora a fariña. Refoga a mestura a lume baixo.

Sen deixar de remover, engade o leite aos poucos. Salpimenta, agrega a noz moscada e cociña a bechamel durante uns 10-15 min a lume baixo.

Limpa e retira os talos das espinacas. Saltéaas nunha tixola a lume medio cun pouco de aceite de oliva ata que se reduzan.

Engade o Queixo Galego con D.O.Tetilla en tacos xunto ao polo á tixola coas espinacas e catro culleradas de bechamel ata lograr unha mestura uniforme e consistente.

Coce as láminas de pasta nunha pota grande con auga e un pouco de aceite de oliva para que non se peguen.

Arrefría as placas de pasta con auga fría e deixa que sequen encima dun pano de cociña. 

Retira o exceso de auga cun pano da pasta e enche os canelóns coa mestura e enrólaos.

Pinta con aceite de oliva a bandexa de forno, coloca os canelóns sobre unha base de bechamel e cúbreos con outra capa de bechamel. Rela Queixo Bóla e esparéxeo por riba dos canelóns, para que se gratine.

Mete os canelóns ao forno durante 20 minutos a 200ºC. Bo proveito!

1157