Queixo en lonchas con alto contido en proteínas de Larsa: o sabor de sempre en cada bocado

Hai queixos que están bos… e logo están eses que, ademais, coidan de ti en cada bocado. Así é o Queixo en lonchas con alto contido en proteínas e Pastoreo Larsa. O mesmo queixo de sempre, o clásico, pero cunha loncha máis grosa e, polo tanto, con máis proteína.

E é que este queixo nace dunha idea moi sinxela: gozar do auténtico sabor de Larsa nun formato en lonchas práctico, xeneroso, pensado para o día a día e que ademais proporciona un extra de proteína. Un queixo elaborado con Leite de Pastoreo que encaixa tanto en receitas rápidas como sándwiches ou pizzas, como en pratos máis elaborados. Porque coidarse e gozar non só non están rifados, senón que, cando se escolle ben, sempre van da man.

O clásico de Larsa, nunha loncha extragrosa

O Queixo en lonchas con alto contido en proteínas e Pastoreo Larsa é unha versión do noso clásico queixo en barra. A diferenza está no formato. Estas lonchas son máis grosas, máis xenerosas e están pensadas para que cada bocado se saboree de verdade.

O resultado? Un queixo que se funde de marabilla, que non se perde entre o pan nin queda agochado no prato. Aquí o queixo é protagonista. Achega carácter, textura e un sabor recoñecible para calquera larseiro.

É perfecto para quen goza do queixo sen complicacións, pero tamén para eses larseiros que buscan un extra de calidade e proteína nas súas comidas.

Alto contido en proteínas e calcio

Ademais de estar rico, este queixo destaca polo seu interesante perfil nutricional. Cada loncha achega 11,6 gramos de proteína de alta calidade, procedente do leite, o que o converte nunha forma sinxela e deliciosa de engadir nutrientes clave para os teus músculos.

As proteínas lácteas son completas e de alta calidade, o que significa que conteñen todos os aminoácidos esenciais que o noso corpo necesita. Por iso, este queixo é un gran aliado tanto para persoas activas como para quen simplemente quere levar unha alimentación equilibrada sen renunciar ao sabor.

A isto súmase o seu contido en calcio, con 271 mg por loncha, un mineral fundamental para o coidado dos ósos, os músculos e o correcto funcionamento do organismo. Sen dúbida, un queixo que nutre, que sacia e que encaixa perfectamente nunha dieta variada e consciente.

O queixo perfecto para deportistas

Se levas un estilo de vida activo e buscas opcións prácticas e nutritivas, este queixo encaixa perfectamente no teu día a día. O seu formato en lonchas fai que incorporalo na túa dieta, en calquera momento, sexa moi doado, xa sexa no almorzo, nunha comida rápida ou despois do adestramento.

Este queixo está pensado para todos os amantes do queixo que valoran a textura, o sabor e a calidade. É perfecto para eses momentos nos que simplemente che apetece gozar dun bo queixo, sen máis.

Moi versátil na cociña

Grazas ao seu grosor e á súa textura cremosa, o Queixo en lonchas extragrosas Larsa é moi versátil. Fúndese de modo uniforme e achega sabor sen eclipsar o resto dos ingredientes. Algunhas ideas para sacarlle partido:

  • Sándwiches e bocadillos: unha soa loncha abonda para marcar a diferenza. Máis sabor, máis cremosidade e máis proteína.
  • Hamburguesas: o queixo fúndese perfectamente e converte calquera hamburguesa nun prato máis saboroso e nutritivo.
  • Tostas: ideal para almorzos e merendas cheos de enerxía.
  • Pizzas, empanadas e gratinados: fúndese creando unha capa cremosa que mellora calquera receita.

Mesmo se pode gozar só, acompañado de froita, froitos secos ou cun toque de mel.

Pastoreo Larsa: a orixe de todo o bo

Detrás do sabor e da calidade dos nosos queixos hai algo fundamental: Pastoreo Larsa. Un compromiso coa forma de facer as cousas ben, desde a orixe.

As nosas vacas pacen en liberdade, nos pastos de Galicia, alimentándose de forma natural e gozando do aire libre. Este modelo de gandaría, certificado por SGS, non só garante o benestar das nosas vacas, senón tamén un leite de gran calidade, cun sabor diferente, auténtico e recoñecible.

Ser de Pastoreo é estar ligado á terra, ao coidado da contorna e a unha maneira de producir máis respectuosa e consciente. É unha forma de vida que se nota no sabor e na textura de cada vaso de leite, cada iogur… e, por suposto, en cada loncha de queixo.

Larsa foi a primeira marca galega certificada como Pastoreo, e seguimos apostando por este modelo porque cremos nel. Porque cando a orixe é boa, o resultado tamén o é.

Queixería Larsa

O queixo forma parte da historia de Larsa desde 1933, cando elaboramos o primeiro queixo tipo Arzúa de maneira profesional. Desde entón, a nosa queixería medrou con Galicia e coas familias da nosa terra, mantendo sempre o mesmo compromiso coa calidade e o sabor.

Hoxe, a gama de Queixería Larsa inclúe queixos para cada momento: Queixo en Lonchas, Queixo Bóla, Queixo Galego con D.O. Tetilla, Queixo Galego con D.O. Arzúa-Ulloa, Queixo Fresco… Todos elaborados con leite 100 % galego e con ese punto suave e cremoso tan característico.

Da igual como o goces: en frío, fundido, só ou acompañado. Escollas o que escollas, sempre atoparás o sabor Larsa de sempre.

E é que, o Queixo en lonchas con alto contido en proteínas e Pastoreo Larsa é moito máis ca un formato práctico. É unha forma de gozar do queixo sen présas, con sabor e coa tranquilidade de saber que estás a escoller un produto ben feito, desde a orixe ata a túa mesa.

Porque ás veces non fai falta complicarse: abonda cunha boa loncha de queixo, un pouco de pan… e ganas de gozar.

Iso, ao final, tamén é ser larseiro 😉.

830