Bica con Sobremesa de Licor Café

A nosa reinterpretación da esponxosa sobremesa tradicional de Ourense

Notas de interese / Consellos

A Bica tradicional ten forma rectangular, así que xa sabes que molde debes elixir. O consumo doméstico da Bica está documentado dende o século XIX, conque a podes facer cun batedor de claras e ganas, pero un batedor eléctrico hache facilitar moito as cousas.

Alérxenos

Glute, lactosa, ovo

Que produtos de Larsa precisas para facer a receita?

Ingredientes

Elaboración

Se non es de Ourense, ao mellor non sabes que é exactamente unha Bica. Unha sobremesa ou base para unha merenda deliciosa, que non é unha torta nin un biscoito, aínda que a primeira vista teña cousas dos dous. A Bica é orixinaria de Pobra de Trives, unha preciosa vila de montaña situada no nordés de Ourense, e está asociada á gastronomía do Entroido. Pero o seu consumo xeneralizouse hoxe en día en toda a provincia interior galega e mesmo traspasou as súas fronteiras. Como en Galicia gústanos maridar as sobremesas con licor café, e en Larsa temos un iogur co sabor dese chupito que non pode faltar nas sobremesas, a Bica con Sobremesa de Licor Café é a nosa reinterpretación desta lambetada tradicional, esponxosa e riquísimo. E agora si, ímosche explicar como facer a Bica con Sobremesa de Licor Café.

Casca os ovos e vérteos nun cazo con capacidade suficiente para que che caiban nel todos os ingredientes

Engade 200 g de azucre e báteo todo, preferiblemente cun batedor de claras

Incorpora a manteiga tradicional Larsa e volve bater. É mellor que estea derretida, pero a temperatura ambiente, non quente.

Agrega agora o contido da Sobremesa de Licor Café Larsa e mestura ben todos os ingredientes.

Sen deixar de bater, incorpora aos poucos a Nata para Montar Larsa

Agrega deseguido a fariña e o fermento en po

Se dispós dun batedor con regulador de velocidade, sube a intensidade para facilitarte o traballo e asegurarte de que non quedan grumos

Debeuche quedar unha mestura espesa, untuosa. É o momento de vertela nun molde rectangular untado con manteiga para evitar que se pegue ou forrado con papel de forno. Nivela ben a mestura dentro do molde

Enforna a bica a 170 graos durante 40 ou 50 minutos. Se es un pouco cazoleiro, xa saberás que a mellor forma de saber se está cocida é introducir unha agulla de metal ou madeira. Sairá limpo se está lista. A Bica ben feita ten a capa superior torrada e o interior esponxoso e amarelo vainilla

Así que a saques do forno, bótalle azucre por riba xenerosamente; esa cuberta é tamén moi característica da Bica. Deixa arrefriar antes de servir e Desfruta!

962