Hai case 100 anos que decidimos apostar pola nosa forma única de facer as cousas. O noso amor polo auténtico e por Galicia converteunos no que somos hoxe. E ano tras ano, os galegos recompensáronnos coa súa confianza e fidelidade.
Grazas a eles, Larsa é por segundo ano consecutivo a marca preferida en Galicia segundo o estudo Brand Footprint 2019, elaborado por Kantar Worldpanel. Queres saber por que? Segue a ler!
Somos o primeiro Leite de Pastoreo certificado
Traballamos día a día para compartir con todos os galegos o que mellor sabemos facer: un leite, un queixo e uns iogures únicos. E isto é porque eliximos que o noso leite sexa de vacas que pastan felices e en liberdade en 400 explotacións galegas, mantendo e mellorando a forma tradicional e sostible de entender a gandaría: o Pastoreo.
Apostamos pola nosa terra
Elaboramos produtos lácteos con leite 100% galego e queremos devolver a Galicia todo o que nos ofrece cada día. Por iso, seguimos a apostar por crear emprego de calidade e inversións que xeran riqueza no tecido industrial galego. Así o demostra a recente inauguración das novas instalacións de Larsa en Outeiro de Rei (Lugo) que, xuntamente coa nosa fábrica de Vilagarcía de Arousa, suman 250 empregados. E tamén apoiamos o campo galego e os nosos gandeiros de pastoreo, que son a orixe dos nosos produtos, cunha retribución superior á media.
Gústanos innovar e sorprender
Atrevémonos a ir máis alá reinterpretando os sabores máis tradicionais da nosa gastronomía e o noso iogur con sabor a licor café é un dos exemplos máis famosos. Gústanos ir sempre un paso máis alá e innovar para ofrecer aos nosos clientes produtos sorprendentes, mais mantendo sempre a calidade que nos caracterizou desde os nosos inicios.
Conservamos os sabores de sempre
Se algo é bo, para que imos cambialo? Mantemos a autenticidade dos nosos produtos, conservamos os sabores de sempre e amamos as cousas sinxelas, o que nos converteu nunha icona da sobremesa galega. Quen non rematou algunha comida cun dos nosos deliciosos iogures de vainilla?
Todo isto fíxonos ser un ano máis a marca preferida polos fogares galegos, que elixen os produtos de Larsa para encher a súa cesta da compra. E iso énchenos de orgullo. Porque a vida ensinounos que todo o que é de verdade, acaba gañando.