Por que os lácteos son un grupo de alimentos propio?

As clasificacións varían segundo o criterio, pero os produtos lácteos, de maneira xeral, constitúen por si mesmos un grupo de alimentos. Esta familia alimenticia inclúe produtos derivados do leite de mamíferos, como vacas, ovellas e cabras, aínda que estes só son os máis frecuentes. Algúns exemplos moi comúns de produtos lácteos son o leite, o queixo, o iogur, a nata e a manteiga. Coa ampliación de mercado tamén aparecen novos produtos lácteos, como o kéfir ou os iogures bebibles.  

A nivel nutricional, os produtos lácteos son unha fonte importante de calcio, proteínas e outros nutrientes esenciais para o crecemento e o mantemento da saúde ósea durante todas as etapas da vida. Debido a iso, os lácteos clasifícanse como un grupo propio. Con todo, isto é só segundo o modelo dos cinco grupos: grans, vexetais, froitas, carnes e peixes (ovos, legumes, froitos secos…) e produtos lácteos.   

Outra das clasificacións máis comúns e básicas é por orixe: animal ou vexetal. Neste caso, os lácteos serían un grupo de alimentos de orixe animal. Por último, e atendendo ás súas funcións no organismo, clasifícanse como alimentos construtores ou plásticos. Isto é así debido ao seu papel fundamental na síntese de novos tecidos e a renovación celular polo seu alto contido proteico e a súa composición nutricional. Só a manteiga, polo seu contido graxo máis elevado, clasifícase como alimento enerxético.  

O Leite Tradicional de Pastoreo, os Iogures con Leite de Pastoreo e os Queixos de Larsa son alimentos que pertencen á familia de lácteos e, como tal, son recomendables para que o noso organismo reciba a achega de nutrientes esenciais cada día. En función das túas necesidades, poderás completar o teu día cun Iogur Sabor Natural Larsa, un bo vaso de Leite Tradicional de Pastoreo enteira ou con Queixo fresco Larsa, entre outros. Descobre cales dos nosos lácteos son para ti!  

Os lácteos, un grupo de alimentos con función plástica e categoría de complemento alimenticio 

Na década dos anos 60, apareceu en España o programa Educación na Alimentación e Nutrición (EDALNU). Foi deseñado coa finalidade de dispoñer dunha guía que fose útil á poboación para planificar unha dieta equilibrada, sa e saudable.  

Nesta clasificación, que se popularizou nos fogares españois por ter forma de roda con todos os grupos de alimentos, diferéncianse 7 familias alimenticias segundo os seus nutrientes e as súas funcións. Os diferentes grupos xéranse por similitude en composición nutricional e, á súa vez, distínguense tres grandes grupos segundo a función que cumpren no organismo: alimentos con función reguladora, alimentos con función enerxética e alimentos con función plástica. Tal e como se mencionou, os lácteos, salvo a manteiga, son un grupo de alimentos con función plástica ou formadora.  

EDALNU destacou o leite por encima doutros alimentos dentro do programa, chegando a elevala á categoría de “complemento alimenticio”, xa que a dieta media dos españois era deficitaria en proteínas, calcio e vitaminas, todos eles presentes nos lácteos.  

O programa EDALNU foi vangardista e xurdiu en colaboración coa Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) e o Fondo das Nacións Unidas para a Infancia (UNICEF). A súa maior taxa de acción tivo lugar nas escolas de moitas persoas que hoxe en día son avós, pais e tíos de nenos que xa non coñecen a roda de alimentos de EDALNU.  

Produtos lácteos, o grupo do leite e os seus derivados  

A FAO estableceu en 1963 a creación dun Codex Alimentarius con normas e directrices para servir como referente mundial a gobernos, industrias e consumidores. Nesta clasificación os produtos lácteos son un grupo propio, aínda que se diferencia entre leite e os seus derivados. Segundo o Codex, enténdese por produto lácteo calquera “produto obtido mediante calquera elaboración do leite, que pode conter aditivos alimentarios e outros ingredientes funcionalmente necesarios para a súa elaboración”.  

En Larsa levamos 90 anos elaborando produtos lácteos de calidade coa mellor materia prima, o Leite de Pastoreo certificada, obtida de vacas que pastan ao aire libre nos mellores prados de Galicia un mínimo de seis horas ao día e cun espazo suficiente.   

Lácteos de calidade que nos sitúan como a marca favorita dos galegos desde hai anos e diferénciannos polo seu sabor, o leite, nata, manteiga, queixo e iogures de toda a vida.  

Este sistema de produción tradicional de Galicia garante ás vacas unha maior calidade de vida fronte ás que viven estabuladas, xa que tanto no seu traslado aos pastos como durante a xornada de pastoreo teñen á súa disposición fontes de auga e alimentos naturais para alimentarse ao seu ritmo. E, como xa che contamos no noso post sobre o Pastoreo ademais de ser un sistema bo para as vacas e para ti, tamén é bo para o planeta.

 

908