Din que o iogur naceu case por accidente, cando un pastor esqueceu leite nun odre e, ao volver, descubriu que se transformara en algo máis espeso e saboroso. Desde aí, pouco a pouco, foi viaxando por medio mundo ata meterse nas nosas cociñas como quen non quere a cousa.
E menos mal, larseiros.
Porque se hai un ingrediente que che salva unha sobremesa, unha cea lixeira ou incluso unha comida de última hora, ese é o iogur grego. Un lácteo cremoso, versátil e con ese punto fresco que combina con case todo.
Iso si, non vale calquera. Cando falamos dun bo iogur grego, falamos dunha boa textura, como a do noso Iogur Galaikos Natural Larsa. A súa cremosidade conséguese ao estar elaborado con leite de Pastoreo, o que ademais lle proporciona un sabor suave que fai que calquera receita mellore ao instante.
Así que, se un día che pilla o touro, tes convidados inesperados ou simplemente non sabes que facer para comer… Aquí van 5 receitas con Galaikos Natural que son un bo salvavidas.
1. Crema de Galaikos Natural e moras
¿Apetéceche algo tipo torta de queixo, pero sen tanta elaboración? Entón esta crema é xusto o que estabas buscando.
Ingredientes:
- 100 ml de Leite Entero Larsa
- 300 g de chocolate branco
- 4 Iogures Galaikos Natural Larsa
- 100 g de galletas tipo digestive
- 40 g de Manteiga Tradicional Larsa
- Xarope de mora
- Un puñado de moras
Preparación paso a paso:
- En primeiro lugar, quentamos o Leite Enteiro Larsa co chocolate branco ata que se derrita.
- Unha vez listo, deixamos temperar e engadimos os nosos Iogures Galaikos Natural. Mesturamos suavemente.
- Trituramos as galletas, derretemos a Manteiga Tradicional Larsa e mesturamos ambos ingredientes.
- Agora, montamos en vasiños: base de galleta, crema e, por enriba, xarope de moras e moras frescas.
- Gardamos na neveira durante 3 horas… E listo!
2. Salteado de berenxena e pemento con salsa de iogur
Porque si, o iogur tamén serve para elaboracións salgadas.
Ingredientes:
- 1 berenxena
- 1 pemento amarelo
- 60 ml de viño branco
- Unha pizca de allo en po
- Reladura dun limón
- Unha pizca de tomiño
- 1 Iogur Galaikos Natural Larsa
- Zume dun limón
- Unha pizca de pementa negra
- Un chorriño de AOVE
- Sal ao gusto
- Pirixel ao gusto
Preparación paso a paso:
- Cortamos a berenxena en dados e o pemento en tiras.
- Agora, salteamos primeiro o pemento nunha tixola cun chorriño de aceite de oliva virxe extra.
- Unha vez estea no punto, engadimos a berenxena e cociñamos uns minutos máis.
- Incorporamos o viño e deixamos que evapore.
- Unha vez listo, engadimos o allo, a reladura do limón, o tomiño e o sal. Remexemos e reservamos.
- Para a salsa, mesturamos o Iogur Galaikos Natural Larsa co zume dun limón, o pirixel, a pementa negra e un chorriño de aceite. Remexemos ata obter unha salsa cremosa.
- Servimos a salsa por enriba do salteado de berenxena e… Listo!
3. Crema fría de cogombro, iogur e menta
Unha crema fría, moi fácil de facer e que agradecerás neses días nos que a calor aperta máis da conta 😉.
Ingredientes:
- 2 cogombros pequenos
- 1 Iogur Galaikos Natural Larsa
- ½ ceboliña
- ½ dente de allo
- Unha pizca de sal
- Vinagre de mazá
- Unha pizca de pementa negra
- Un chorriño de aceite de oliva virxe extra
- Unha presa de menta fresca
Preparación paso a paso:
- Para empezar, lavamos, pelamos e cortamos os cogombros. Unha vez listos, engadímolos ao vaso dunha batedora xunto co allo, a ceboliña e as follas de menta.
- Incorporamos tamén o noso Iogur Galaikos Natural, o sal, un chorriño de vinagre de mazá, unha pizca de pementa negra e un chorriño de aceite de oliva virxe extra.
- Trituramos durante un intre ata obter unha crema fina.
- Se necesitamos axustar a textura, podemos engadir un pouco de auga.
- Deixamos arrefriar unha ou dúas horas na neveira (opcional) e… Listo, larseiro!
4. Mousse de limón con Iogur Galaikos Natural Larsa
Lixeira, fresca e con ese toque ácido que tanto nos gusta.
Ingredientes:
- 2 Iogures Galaikos Natural Larsa
- 150 ml de Nata para montar Larsa
- 3 culleradas de azucre glas
- ¼ culleradiña de vainilla
- Zume e reladura de 2 limóns
- 100 g de galletas tipo digestive
Preparación paso a paso:
- En primeiro lugar, montamos a Nata para montar Larsa ben fría xunto co azucre glas e a vainilla.
- Unha vez lista, engadimos o zume e a reladura de limón pouco a pouco mentres remexemos.
- Incorporamos o Iogur Galaikos Natural Larsa con movementos suaves.
- Trituramos as galletas e colocámolas en vasos, no fondo, esmagándoas un pouco para que quede unha masa compacta e crocante.
- Engadimos a mousse e deixamos arrefriar durante 1 ou 2 horas na neveira. E listo!
5. Brochetas de polo ao limón e iogur grego
Unha receita moi sinxela, saborosa e con moito sabor
Ingredientes:
- 2 peitugas de polo
- 1 dente de allo
- Unha presa de perexil fresco
- Unha pizca de ourego
- Zume de ½ limón
- Unha pizca de sal
- Unha pizca de pementa negra
- 4 culleradas de Iogur Galaikos Natural Larsa
- 2 culleradas de aceite de oliva
- 2 limóns
Preparación paso a paso:
- Cortamos o polo en anacos e colocámolo nun bol.
- Engadimos o allo, o perexil, o zume de limón, sal e pementa e remexemos todo. Unha vez listo, incorporamos o Iogur Galaikos Natural Larsa e o aceite, mesturamos ben e deixamos mariñar polo menos 15 minutos.
- Mentres mariña, cortamos os limóns en anacos.
- Montamos as brochetas alternando o polo mariñado cos anacos de limón.
- Cociñamos nunha prancha ou grella ata que as brochetas estean douradas… E listo! O Galaikos Natural manterá a carne zumarenta e daralle un sabor suave que volverá tolo a calquera larseiro.
O noso Iogur Galaikos Natural é deses básicos que sempre convén ter a man. Porque igual che arranxa unha sobremesa improvisada ca unha cea lixeira ou unha comida rápida con boa pinta.
E ao final, diso se trata: de comer ben, sen complicarse demasiado… E, se pode ser, quedando de marabilla.
Así que, a próxima vez que non saibas que cociñar, lembra este artigo e ten sempre un Galaikos Natural na neveira 😉.