Larsa Máis

Leite Máis

Se aínda non o probaches, xa estás a tardar en servirte un vaso de Larsa Máis e gozar do único leite de Pastoreo rico en calcio, proteína e vitamina D que atoparás no supermercado. 

Por que? Porque Larsa Máis ten un sabor extraordinariamente natural a leite recentemente  muxido, digno dos #Larseiros máis leiteiros. Pero sobre todo porque con ese único vaso, de 250  ml., o teu corpo recibirá toda a vitamina D que necesita cada día, a metade do calcio necesario para un adulto san e un 25% da proteína que o teu corpo precisa a diario, sempre dentro dunha alimentación saudable. Asombroso, verdade?, todo iso nun só vaso de leite e inda por riba, con todo o sabor e a  cremosidade que ten o Leite de Pastoreo, de vacas que se alimentan de pastos, ceibes nos prados.

Ultrafiltrado, o noso proceso de enriquecemento

E como o facemos? O calcio, a proteína e a vitamina D están presentes no leite de forma natural. Para acadar os niveis de nutrimentos que contén Larsa Máis, cando o leite que recollemos nas ganderías de Pastoreo distribuídas por toda Galicia, chega ás nosas plantas é sometido a un proceso de  ultrafiltrado. A ultrafiltración permite filtrar o leite cun sistema capaz de reter o calcio e a proteína presentes no leite para así aumentar a súa concentración. Logo engadimos vitamina D para ofrecerche un leite con todos os nutrimentos necesarios para coidarte, sen perder a esencia e o sabor do Leite do Pastoreo.

Larsa Máis é un reforzo para os teus ósos e os teus músculos. Porque todos tendemos a pensar que o leite é importante durante as etapas de crecemento dos pequenos. E é certo, xa che explicamos noutro post que a fortaleza dos ósos na idade adulta fórxase na nenez. Pero en realidade, o calcio, a proteína e a vitamina D presentes no leite son nutrimentos que precisamos ao longo de toda a nosa vida. As necesidades de calcio son máis altas durante a adolescencia, e no embarazo e a lactación. 

Larsa Máis é, como todos os nosos produtos, leite UHT, que como xa che contamos, é seguro para toda a familia e, tamén no embarazo.

Por que o calcio, a proteína e vitamina D son tan necesarios

As necesidades de calcio deben estar adecuadamente cubertas durante a adolescencia, polo menos ata os 24 anos, xa que así reducimos o risco de osteoporose durante a idade adulta. O calcio deposítase nos nosos ósos e dentes, pero tamén intervén en funcións  metabólicas. Ao longo da nosa vida, se non consumimos a cantidade de calcio que o noso corpo precisa para esas outras funcións, tirará deses depósitos nos ósos e dentes, comprometendo a súa saúde presente e futura.

A que nunca volverás pensar igual nun vaso de leite? Pois aínda non che contamos que a vitamina D ten un papel esencial na absorción do calcio, e ademais, na súa produción ten moito que ver a luz do sol. Así que, se o clima non che permite expoñerte 10 minutos á luz do sol a diario, é importante asegurar a inxesta de vitamina D. O mesmo ocorre coas proteínas, que interveñen en moitísimas funcións do noso organismo, pero tamén na reparación de tecidos, como os óseos e musculares. A boa noticia é que  Larsa Máis ten os 3 nutrimentos que necesitas cada día.

 Non che apetece un vaso de leite? Corre a servirte un de Larsa Máis e goza do noso leite máis completo. E cóntanos que che parece nas nosas redes sociais. Devecemos por coñecer a túa opinión!

1198