Leite Premium: máis calcio e proteína no teu día a día

Escoitamos, desde que somos moi pequenos, que o calcio e a proteína son importantes para o desenvolvemento do organismo.

‘Calcio para fortalecer os nosos ósos, proteína para fortalecer os nosos músculos.’

En cuestións relacionadas co calcio, non hai nada como os lácteos. Pero é que, ademais, en Larsa, decidimos lanzar ao mercado Leite de Pastoreo Larsa Premium, un novo leite con máis porcentaxe de calcio, proteína, obtidos de forma natural e vitamina D, para axudar á correcta absorción de calcio, no teu día a día. Segue lendo que che contamos por que deberías incorporalo na túa alimentación e que beneficios ten no teu día a día.

Calcio para fortalecer os teus ósos

O calcio, presente fundamentalmente en ósos e dentes, é un dos minerais máis importantes do corpo humano. Entre as súas funcións principais atópase o axudar ao mantemento dos ósos, coagular o sangue, enviar e recibir sinais nerviosos, así como o mantemento dun ritmo cardíaco normal, entre outros.

  •  Por que é importante no día a día?

O calcio é un mineral fundamental, non só durante a infancia e a adolescencia, senón en todas as etapas da vida. Ao tratarse do macromineral con máis presenza no corpo humano, o consumo de calcio, a través da inxesta de determinados alimentos, convértese en fundamental para o desenvolvemento e fortalecemento do organismo. Debemos cubrir a nosa inxesta de calcio diariamente para alcanzar as necesidades!

Proteína para fortalecer os teus músculos

Ultimamente oímos falar moito da proteína, un importante nutriente que inflúe na construción de músculos e tecidos da pel, órganos e articulacións. As proteínas, presentes en todas as células do corpo, son esenciais para o crecemento, síntese e mantemento de tecidos e compoñentes.

  • Por que é importante no día a día?

As proteínas son fundamentais para o organismo, estando presentes en todas as células do corpo. Este nutriente, que se obtén a través da alimentación, non se almacena. Isto quere dicir que a inxesta diaria de proteínas, sexa do tipo que sexa, é fundamental para garantir que o organismo cumpra todas as súas funcións día tras día.

Leite Premium; máis calcio e proteína!

Como diciamos anteriormente, o calcio e a proteína son fundamentais para o desenvolvemento e fortalecemento dos ósos e músculos. Por esta razón, a inxesta diaria, a través da nosa alimentación, é fundamental e necesaria.

En Larsa sabémolo, e por iso, creamos Larsa Premium, un Leite rico en calcio e proteína. Consumirás calcio e proteína dunha maneira máis sinxela!

En que consiste?

Leite de Pastoreo Larsa Premium axúdache a cubrir, dunha forma máis fácil, as túas necesidades diarias de calcio, proteína e vitamina D. E á vez gozar de todo o sabor do leite de toda a vida!

O noso Leite Premium está pensado para todas aquelas persoas que se preocupan pola súa alimentación e que buscan consumir alimentos saudables que acheguen ao organismo os nutrientes que precisa. Cada vaso de Larsa Premium contén o 50% de vitamina D e calcio e o 25% da proteína que o teu corpo precisa cada día, que se traducen en 400 mg de calcio (a metade do que é necesario inxerir no día para asegurarse uns ósos e dentes sans) e 12,25 g de proteína.

 Como conseguimos que teña máis nutrientes?

Tras recoller o leite nas ganderías de Pastoreo distribuídas por toda Galicia, sometémola a un proceso de ultrafiltrado para reter o calcio e a proteína naturais do leite e elevar así a concentración destes nutrientes. Un proceso natural para ofrecerche o mellor Leite Premium do mercado porque é o único de Pastoreo con máis calcio, máis proteína e máis vitamina D e con todo o sabor ao leite de toda a vida. Consumir calcio e proteína nunca foi tan sinxelo!

Que ten de especial?

O Leite de Pastoreo Premium Larsa é o empurrón que todos necesitamos no día a día, axudándonos a cubrir as achegas de nutrientes necesarios. Unha solución á hora de inxerir calcio e proteína, fundamentais para o bo funcionamento do organismo. E ademais, non só ten este poder, senón que ademais, o seu sabor e a súa textura cremosa son extraordinarios . Máis nutrientes co sabor de sempre. Sabor a leite de Pastoreo de toda a vida!

258