Que beneficios achega un vaso de leite ao corpo humano?

O leite é un alimento básico na nosa dieta diaria, e non é para menos. Un vaso de leite só contén nutrientes esenciais para que o noso organismo funcione correctamente. Ademais, é un alimento moi fácil de inxerir xa que se pode consumir só ou acompañado. Pero sabes exactamente que beneficios achega un vaso de leite ao corpo humano?  

En Larsa elaboramos leite da máis alta calidade, proveniente de vacas que pastorean en liberdade. Neste artigo explicámosche os beneficios de consumir un vaso de leite e por que o Leite de Pastoreo é a mellor opción para ti e a túa familia.  

Que nos proporciona un vaso de leite? 

Segundo a Fundación Española da Nutrición (FEN), o leite é un alimento moi importante, xa que ten calcio, proteínas e outros nutrientes fundamentais para a formación de ósos e dentes 

Unha ración de leite (aproximadamente 225 g) é unha verdadeira fonte de nutrientes: 

  • Calcio: preto de 300 mg, cubrindo ao redor do 30% da inxestión diaria recomendada. O calcio é fundamental para manter ósos e dentes fortes, así como para a función muscular. 
  • Proteínas: aproximadamente 8 gramos, o que equivale a un 15% da inxestión diaria recomendada para un adulto. As proteínas son esenciais para a construción, reparación de tecidos e o mantemento dunha boa saúde muscular. 
  • Vitamina B12: 0,7 μg, cubrindo case o 50% da inxestión diaria recomendada. Esta vitamina é esencial para o funcionamento do sistema nervioso. 
  • Vitamina D: 0,07 μg, aproximadamente o 5% da inxestión diaria recomendada, importante para a absorción de calcio e a saúde ósea. 
  • Potasio: 338 mg, que axuda a un bo funcionamento do ril, corazón e o sistema nervioso. 
  • Magnesio: 27 mg, necesario para moitas reacciones bioquímicas no corpo e o funcionamento normal de músculos. 
  • Fósforo: 207 mg, fundamental para fortalecer ósos e dentes e a produción de proteína para reparar células e tecidos.  

100 ml de Leite de Pastoreo de Larsa nas súas variedades enteiro, semidesnatado e desnatado conteñen 120 miligramos de calcio, o que supón un 15% da inxestión diaria de referencia e ao redor de 3 gramos de proteína.  

Cantos vasos de leite é recomendable beber ao día? 

A recomendación xeral apunta á inxestión de 3 lácteos ao día en todas as idades, desde a infancia ata a terceira idade. Desta maneira, o recomendable é inxerir entre 2 e 3 racións se falamos de nenos e adultos e entre 3 e 4 no caso de embarazadas, mulleres lactantes, adolescentes, deportistas ou anciáns.  

O Leite de Pastoreo ten un corpo máis consistente e unha textura máis cremosa en comparación cos leites convencionais. Este leite conserva o sabor de sempre, o de toda a vida, pasando unicamente por un proceso de pasteurización para garantir a súa seguridade.  

Existe unha diferenza a favor do Leite de Pastoreo no seu perfil lipídico, en comparación co leite convencional. Presenta unha variación no tipo dos seus ácidos graxos, dándose unha diminución no contido graxo. Posúe unha proporción lixeiramente maior de ácidos graxos insaturados e unha menor proporción de ácidos graxos saturados.  

Por outra banda, o contido das vitaminas e antioxidantes do leite de Pastoreo tamén se ve aumentado. Grazas á alimentación de pasto da vaca, o leite que se obtén presenta unha lixeira maior porción de carotenos e de vitaminas liposolubles, como son as vitaminas A e E. 

Beneficios de consumir Leite de Pastoreo Larsa 

O leite de Pastoreo Larsa cumpre cos estándares máis altos de calidade, sabor e ofrece unha serie de beneficios para a saúde, o benestar animal e a contorna natural, a maiores dos xa comentados anteriormente:  

  • Vacas felices e con maior calidade de vida. As nosas vacas saen  pastar a diario, o que lles proporciona unha alimentación nutritiva e equilibrada, menos estrés e un mellor estado de saúde. Unhas vacas tranquilas, sas e contentas son garantía dun produto dunha calidade excelente.  
  • Sostibilidade. O Pastoreo é un sistema respectuoso co medio ambiente. Axuda a previr incendios, reduce a dependencia de recursos externos como concentrados ou fertilizantes e mantén a biodiversidade, contribuíndo a unha gandería máis sostible e á preservación da contorna natural. 
  • Calidade certificada. O Leite de Pastoreo Larsa conta coa certificación SGS e as nosas explotacións gandeiras están inscritas no Rexistro de Explotacións de Calidade Diferenciada (RECALDI), garantindo uns estándares de calidade superiores e certificando que o noso leite é 100% galego. 
  • Respecto pola tradición. O Pastoreo é un modelo de produción asentado nas ganderías galegas desde fai varias xeracións. O noso sistema de Pastoreo respecta a tradición de alimentar ás vacas libremente nos pastos, combinando os métodos de toda a vida con prácticas modernas máis profesionais.  

E agora que coñeces todos os beneficios que achega un vaso de leite ao corpo humano, por que non confiar nun leite auténtico coma o Leite de Pastoreo de Larsa? Co seu respecto polo benestar animal, beneficios para a saúde e compromiso coa sostibilidade, Larsa ofrece un produto natural e saboroso que protexe, ademais, unha tradición galega centenaria.  

Elixe leite de calidade, elixe Larsa. 

808