O Pastoreo de Larsa estrea novos briks

En Larsa temos unha novidade que queremos compartir contigo: renovamos os envases do noso leite en brik de 1L! Agora poderás gozar da calidade de sempre nun formato máis práctico, sostible e cun deseño sen bordos, moito máis visual, que poderás atopar máis facilmente no teu supermercado.

Mostrámosche a nova imaxe e formato de Larsa nos briks de Leite enteiro, semidesnatado, desnatado e tamén nas opcións de Leite sen lactosa semidesnatado e desnatado.

O novo envase Tetra Gemina é moderno, máis fácil de abrir e tamén de usar. Ademais, ao situar o tapón, cunha abertura máis ampla, na parte superior inclinada do envase, o leite flúe máis rápido e directamente, reducindo as verteduras accidentais.

Os nosos briks están fabricados con materiais renovables e respectuosos co medio ambiente, que nos axudan a continuar reducindo a pegada de carbono e avanzando cara a un futuro máis sostible. Así, nos nosos envases e agrupadores –as caixas para  transportar os 6 briks de leite tradicional- utilizamos papel de subministración responsable, cartón proveniente de bosques certificados polo Forest Stewardship Council™ (FSC™) e tamén un tapón de plástico de orixe vexetal certificado por Bonsucro como polímeros de orixe vexetal e polímeros reciclados certificados.

Descubre os novos envases de Larsa e goza do noso Pastoreo de sempre cun novo brik máis sostible e cómodo!

980