Dentro da nosa gama de iogures tradicionais poderás atopar os sabores de sempre, eses que non poden faltar na neveira da maior parte das familias: iogur natural, iogur natural azucrado, iogur de amorodo, iogur de limón, iogur de plátano, iogur de ananás e, como non, o noso iogur máis emblemático: o de vainilla. O iogur de vainilla Larsa é o favorito dos Larseiros. O seu sabor inimitable outorgoulle a honra de ser o iogur máis vendido de Galicia. Aínda non o probaches?
O noso iogur máis popular, con sabor a auténtica vainilla e o máis vendido de Galicia
Un iogur coa textura perfecta do iogur con Leite de Pastoreo e un refrescante sabor a amorodo que non te deixará indiferente
Un dos nosos iogures favoritos entre os nenos e os que non o son tanto. Descubre por que!
O primeiro iogur de ananás elaborado en Galicia e a homenaxe máis cremosa á primeira froita tropical que coñecemos
Sabías que todos os iogures tradicionais de Larsa están elaborados con Leite de Pastoreo? Por iso están tan bos! O leite co que se producen os iogures Larsa provén de vacas galegas que pastan en liberdade nos verdes prados da nosa terra e que se alimentan de forma natural. O Leite de Pastoreo Larsa conta coa certificación de SGS S.A., un prestixioso selo que avala estas prácticas sostibles.
A calidade de vida das vacas vese reflectida na calidade do leite e, polo tanto, no sabor dos nosos iogures. Por iso teñen esa cremosidade única e esa intensidade inigualable. Se aínda non o fixeches, próbaos e descubrirás que non hai outros iguais.
Os nosos iogures tradicionais son perfectos para aquelas persoas que gustan dos clásicos. Resultan ideais para toda a familia, pero os máis pequenos tolean especialmente por eles debido ao seu sabor e cremosidade. O seu emblemático formato de vasiño de 125 g é estupendo para complementar unha merenda ou almorzo saudables. Proporciónanlles o calcio e a enerxía que precisan para creceren sans. Mételles un iogur de Larsa na bolsa do cole e has ver como cho agradecen.
Ademais, os reposteiros máis experimentados saben de primeira man que un iogur de Larsa é o mellor aliado para preparar o típico biscoito de iogur. Quen non utilizou un iogur de Larsa para medir as cantidades desta clásica e sinxela receita? Escolle o sabor que máis che guste e dálles un toque diferente ás túas sobremesas. Ti decides se compartir o segredo ou gardalo para ti.
© 2024 All Rights Reserved.