Larsa é a primeira marca certificada de Leite de Pastoreo, o que producen as vacas que pacen no seu medio natural.
Por iso, os queixos con Leite de Pastoreo son máis cremosos e teñen ese sabor auténtico, tan de toda a vida: o noso famosísimo Queixo en Lonchas Larsa Clásico Cremoso, Lixeiro e Sen Lactosa e o Queixo Bóla, encarnado por fóra e suaaave por dentro.
En Larsa levamos case un século elaborando queixos, fieis á tradición e á receita de sempre. Porque cando un produto é bo, é mellor mantelo sen demasiados cambios. Esta aposta pola orixe converteu os nosos queixos con Leite de Pastoreo nun clásico dos lares galegos.
O noso famosísimo Queixo en Lonchas Clásico, un aliado para sándwichs e pratos gratinados
Goza de todo o pracer do Queixo en Lonchas con Leite de Pastoreo de Larsa sen renunciar a unha dixestión lixeira
Goza de todo o sabor do noso Queixo en Lonchas, pero adaptado a unha dieta sa e baixa en graxa.
O noso mítico queixo redondo, encarnado por fóra e suave e tenro por dentro. E ademais, agora elaborado con Leite de Pastoreo!
Un queixo coa cremosidade do leite de pastoreo Larsa pero co sabor dun semicurado
Goza do San Simón de Larsa, queixo afumado en porcións, listo para cortar e petiscar e tan tenro coma o primeiro día
O sabor dos queixos Larsa con Leite de Pastoreo é único, diferencial. Por que? Porque os elaboramos con Leite de Pastoreo, leite obtido de vacas que pacen felices no seu hábitat natural, nos mellores prados de Galicia, con pasto, espazo e auga abondos para se alimentaren ao seu ritmo, sen présa.
Así, grazas á colaboración dos nosos gandeiros, conseguimos esta materia prima de calidade excepcional coa que elaboramos queixos cremosos e cun sabor intenso e tradicional. Por iso Larsa é a primeira marca de Leite de Pastoreo certificada por SGS S.A., entidade líder en inspección e certificacións de calidade e cumprimento normativo.
O Queixo en Lonchas Larsa é un ingrediente imprescindible para lograr eses sándwichs co fundido perfecto e característico do queixo con Leite de Pastoreo. Perfecto para bocadillos ou como ingrediente de gratinados, pizzas… Descubre por que este queixo é unha referencia en Galicia e por que cada vez chega máis lonxe.
Igualmente mítico na nosa historia é o Queixo Bola de Pastoreo. Un queixo moi versátil, de sabor suave e cunha textura consistente que o fai apropiado para consumir só, en dados ou lonchas, para engadilo ás ensaladas e en todo tipo de pratos fríos ou quentes. E sempre delicioso!
© 2024 All Rights Reserved.