4 receitas refrescantes cos novos Iogures Larsa

Non hai cousa que nos faga máis felices que contentar aos nosos Larseiros. Por iso, día a día, exploramos novos sabores, combinacións e produtos, co obxectivo de propoñer produtos de calidade que estén á altura dos padais Larseiros máis esixentes.   

Iso si, sen renunciar á materia prima de calidade; o noso Leite de Pastoreo 100% galego 😉 Con el como ingrediente principal, ampliamos a nosa familia de Iogures Larsa. Queres saber que receitas podes facer co Iogur Larseiriños, o Iogur Sabor Macedonia, o Iogur sen Lactosa Sabor Limón ou o Iogur Cremosísimo Stracciatella? Queda a descubrilo!  

Batido de froitas con Iogur Larseiriños 

Se queres gozar dunha receita refrescante e nutritiva, este batido de froitas é perfecto para ti. Só precisarás 10 minutos e 4 ingredientes para elaborar esta bebida enerxética chea de antioxidantes. Cremos que se converterá na túa nova aliada saudable para as merendas dos máis pequenos este verán! 

Ingredientes: 

Pasos: 

  1. Nun vaso batedor, verte a cunca de froitas silvestres. Poden ser frescas ou conxeladas, segundo a túa preferencia. 
  2. Engade o Leite Desnatado Larsa, o Iogur Larseiriños e a cullerada de mel e bate ben ata obter unha mestura suave e homoxénea.  
  3. Se desexas unha consistencia máis espesa, podes engadir xeo e licuar novamente.  
  4. Pasa o batido por un colador para eliminar os restos. Serve o batido nun vaso, e a gozar! 
     

Tortas con Iogur Sabor Macedonia 

Estás a buscar unha opción saborosa e saudable para os teus almorzos ou merendas Larseiras? Descubre a nosa receita de tortas de iogur! O resultado é unha sobremesa esponxosa e aromática que te encherá de enerxía para enfrontar o día. Segue os pasos e goza dunhas tortas de iogur que che encantarán! 

Ingredientes: 

  • 1 Iogur Sabor Macedonia Larsa 
  • 1 cunca de fariña de trigo integral 
  • 1 cullerada de fermento en po 
  • 1 cullerada de canela en po 
  • 1  pouco sal 
  • 1 ovo 
  • 1 cullerada de aceite de oliva 
  • Mel ou froitas frescas (opcional)
     

Pasos:
 

  1. Nun recipiente grande, mestura a fariña de trigo integral, o fermento en po, a canela e o sal.  
  2. Noutro recipiente, bate o Iogur Sabor Macedonia Larsa, o ovo e o aceite de oliva ata obter unha mestura uniforme.  
  3. Verte a mestura líquida sobre os ingredientes secos e remove ata que estean todos os ingredientes perfectamente integrados.  
  4. Quenta unha tixola antiadherente a lume medio-alto cun pouco de aceite.  
  5. Cunha culler ou cullerón, verte porcións de masa sobre a tixola quente e cociña as tortas durante aproximadamente 2-3 minutos. Cando comecen a burbullar e os bordos estean dourados, dálles a volta e cocíñaas polo outro lado durante outros 2-3 minutos.  
  6. Retíraas da tixola e colócaas nun prato.  
  7. Repite o proceso co resto da masa.  
  8. Podes servir as tortas de iogur cun pouco de mel ou acompañalas con froitas frescas como amorodos ou plátano. 

Biscoito de iogur con Iogur sen Lactosa Sabor Limón

Se es amante das sobremesas lixeiras, este biscoito de iogur caseiro leva o teu nome. Os seus puntos fortes son a súa frescura e o seu sabor cítrico, pero é que ademais, trátase dunha sobremesa sen lactosa, apta para todo tipo de públicos. Sorprende aos teus convidados ou simplemente goza dun momento doce sen preocupacións!  

Ingredientes: 

  • 1 Iogur sen Lactosa Sabor Limón 
  • 3 ovos 
  • 100 ml de aceite de xirasol 
  • 75 g de azucre 
  • 250 g de fariña de trigo 
  • 1 sobre de fermento en po 
  • Raspadura de limón
     

Pasos:

  1. Engraxa un molde cun pouco de aceite e acende o forno a 180°C.  
  2. Nun recipiente, bate os ovos xunto co azucre ata obter unha mestura espumosa de cor clara.  
  3. Agrega o Iogur sen Lactosa Sabor Limón, o aceite e a raspadura de limón e mestura ben ata integrar todos os ingredientes.  
  4. Noutro recipiente, baruta a fariña de trigo e o fermento por un coador para eliminar os grumos.  
  5. Posteriormente, incorpora lentamente esta mestura á masa anterior, removendo suavemente ata obter unha pasta uniforme.  
  6. Verte a preparación no molde previamente engraxado, distribuíndoa de maneira uniforme.  
  7. Enforna o biscoito durante aproximadamente 35-40 minutos. 
  8. Transcorrido ese tempo, pica o biscoito cun escarvadentes. Se sae limpo, retírao do forno. En caso contrario, coce durante 5 minutos máis e volve comprobar.  
  9. Unha vez que o biscoito estea listo, retírao do forno e déixao arrefriar no molde durante uns minutos antes de desmoldalo. 

Crema espumosa con Iogur Cremosísimo Stracciatella 

Estás preparado para descubrir a túa nova sobremesa favorita? Presentámosche a nosa Crema espumosa de Stracciatella! Unha sobremesa, co Iogur Cremosísimo Stracciatella como protagonista. Non poderás resistirte!

Ingredientes: 

Pasos: 

  1. Verte o Iogur Cremosísimo Stracciatella nun recipiente e remove lentamente para suavizalo. 
  2. Corta o chocolate en pequenos anacos e agrégaos ao iogur.  
  3. Noutro recipiente, bate a nata a velocidade baixa-media e, cando comece a espesar, aumenta gradualmente a velocidade ata que a nata forme picos suaves.  
  4. Verte a nata sobre o iogur e mestura lentamente ata integrar todos os ingredientes.  
  5. Distribúe a crema en pequenos vasos e refrixera durante polo menos 2 horas. A gozar! 

Atrévete a recrear a nosa recompilación de receitas Larseiras cos novos Iogures Larsa elaborados con Leite de Pastoreo 100% galego. Catro propostas, unha por cada iogur, que sorprenderán polo seu sabor e textura refrescantes. List@ para sorprender ao teu padal? Non te defraudarán! 

1056