Diferenzas entre os tipos de Queixo Larsa

O queixo é un alimento moi nutritivo. Como falamos nun dos nosos post anteriores, a composición nutricional do queixo varía dependendo dos ingredientes empregados na súa elaboración. En Larsa temos unha gran variedade de queixos con características nutricionais diferentes que explicaremos deseguido. 

Queixo Fresco  

O Queixo Fresco Larsa, con apenas maduración, destaca polo seu baixo contido en calorías e graxas. Un queixo que proporciona menos enerxía e menos lípidos en comparación con outros dos queixos Larsa.

Queixos Galegos con Denominación de Orixe 

Aquí inclúense o Queixo Galego con D.O. Arzúa-Ulloa e o Queixo Galego con D.O. Tetilla, dous queixos con diferenzas nutricionais moi pequenas. O Queixo Arzúa-Ulloa, por exemplo, achega máis enerxía e menos graxa e menos sal que o Queixo Tetilla. Este último, en cambio, proporciona un contido proteico e de calcio lixeiramente superior.   

Queixo Barra 

Nesta categoría temos tres queixos elaborados con Leite de Pastoreo. Tanto o Queixo Barra Clásico como o Queixo Barra sen Lactosa teñen exactamente as mesmas características nutricionais. No único que se diferenzan é que na elaboración do Queixo Barra sen Lactosa, engádese o enzima lactasa, encargada de descompoñer a lactosa nos seus dous azucres sinxelos (glucosa e galactosa), convertíndoo nun produto sen lactosa. En cambio, o Queixo Barra Lixeiro achega menos enerxía, menos graxa e máis proteínas que os outros dous tipos de Queixo Barra. 

Queixos en Lonchas 

Tamén hai 3 tipos e son iguais, nutricionalmente falando, que o Queixo Barra. Aquí atopamos o Queixo en lonchas Clásico o Queixo en lonchas Lixeiro e o Queixo en lonchas sen Lactosa. 

Queixo barra semicurado 

Un queixo con maior cantidade de enerxía e graxa, en comparación co Queixo Barra Clásico 

Queixo Bóla 

Ten unhas características nutricionais intermedias entre todos os tipos de queixo Larsa elaborados con Leite de Pastoreo.  

En definitiva, os Queixos Larsa presentan similitudes e diferenzas. No caso das características organolépticas tamén atopamos variacións; dende a textura cremosa das Cremas de Queixo ata a textura sólida do Queixo Arzúa-Ulloa. E o mesmo ocorre co sabor, atopando na Queixería Larsa, produtos moi diferentes: dende un sabor fresco ata un máis intenso. 

Independentemente das súas características organolépticas ou nutricionais, podemos afirmar que toda a variedade dos nosos queixos son saudables. Dentro dunha alimentación adecuada, o consumo de queixo é beneficioso para a saúde.  

1179