4 ideas de almorzos saudables para nenos

O almorzo é a comida máis importante do día. Escoitamos aos expertos dicilo unha e outra vez e, con todo, parece que a primeira hora da mañá sempre nos custa atopar o momento para preparar unha comida equilibrada e nutritiva que nos axude a comezar o día con enerxía. E se isto é un problema para os adultos, aínda se complica máis cos nenos. Se tes fillos, sobriños ou netos, saberás que esta primeira comida do día é a que máis lles custa.

Os nenos están sometidos a xornadas realmente intensas ao longo da semana: ir ao colexio, actividades extraescolares, xogos… Unha infinidade de actividades que requiren dunha correcta alimentación que lles achegue todos os nutrientes necesarios. Por iso, aínda que polas mañás pareza que o tempo corre na nosa contra, hai que buscar a fórmula para que os nenos gocen dun almorzo completo e saudable. Ademais, sabías que o almorzo tamén inflúe no estado anímico? Existen estudos que proban que esta comida ten unha influencia positiva no rendemento físico e intelectual e no estado de ánimo.

Se necesitas novas ideas ou os teus fillos están cansados de almorzar sempre o mesmo, toma nota. Propoñémosche 4 almorzos saudables para nenos súper fáciles de elaborar e tan ricos que encantarán aos teus fillos. Para que afronten o día con enerxía!

Batido de plátano con Leite de Pastoreo

Sexamos sinceros, existen ocasións nas que polas mañás imos co tempo xusto e é común que a esas horas a moitos nenos lles custe rematar o seu almorzo a tempo. O batido é a mellor forma de que os peques do fogar consuman de maneira rápida e divertida a cantidade necesaria de nutrientes. A mellor opción? Os batidos de froitas. En cuestión dun minuto, estarán listos para ir ao colexio cheos de enerxía! 

Aquí propoñémosche un batido de plátano que, ademais do seu xa coñecido alto contido en  potasio, é fonte de vitamina A, B, C, E e K, así como outros minerais como o calcio, o  manganeso, o zinc ou o fósforo. Sabes cal é o outro ingrediente secreto deste nutritivo batido de plátano? O Leite de Pastoreo Larsa, tradición, calidade e sabor.

Ingredientes:

Elaboración:

  1. Comezamos pelando e cortando o plátano en pequenos anacos que colocaremos nun vaso de batedor.
  2. A continuación, esprememos medio limón e vertemos o zume sobre o plátano, dándolle un extra de vitamina C á receita e evitando que a froita se oxide.
  3. Por último, engadimos o leite e as culleradas de avea e batemos ata conseguir unha mestura homoxénea.
  4. Queres darlle un toque máis doce? Engade un chorriño de mel e evita alimentos menos saudables e naturais como o azucre. Aos nenos encantaralles!

Filloas de chocolate

Non incorporar un alimento tan querido como o é o chocolate nun almorzo para nenos sería un craso erro. É importante non pensar que todas as receitas que conteñen chocolate son pouco saudables, e é que… Coñeces todas as propiedades do chocolate negro? É un alimento rico en vitaminas A,  B1,  B2,  B3, C, E, e minerais como o fósforo, o manganeso ou o ferro. Por iso apostamos por un ingrediente crucial en toda cociña sa con chocolate: o cacao puro en po desgraxado. Non haberá neno nin adulto que se resista a este sinxelo e saboroso almorzo!

Ingredientes:

Elaboración:

  1. Mesturamos o leite, a fariña, o ovo, o cacao e un chisco de sal e remexemos ben todos os ingredientes ata conseguir unha masa homoxénea e sen grumos.
  2. Poñemos ao lume unha tixola cun pouco de aceite e, cando estea quente, vertemos un par de culleradas de masa. 
  3. Deixamos que a masa se doure por un lado e, cando estea lista, dámoslle a volta para que tamén se faga polo outro. 
  4. Unha vez estean listas, imos colocando as filloas unhas sobre as outras nun prato.
  5. Finalmente, metemos ao microondas durante uns segundos un par de onzas dalgún dos chocolates con leite favoritos do teu fillo para agregar por riba das filloas. Daralles un toque doce e só o seu cheiro e pinta farán que os teus fillos as devoren nun momento!

Bowl de iogur con amorodos e froitos secos

Fácil, rápido e ideal para nenos e non tan nenos! Un bowl de iogur con froitos secos é un dos almorzos máis completos e sinxelos de preparar que existen. Ademais, hai tantas variacións desta receita como ti queiras, para que nunca canses de experimentar ata que deas coas combinacións que máis lles gusten aos teus fillos. A base deste bowl é o Iogur Natural Larsa elaborado con Leite de Pastoreo. O topping elíxelo ti, aínda que aquí propoñémosche un que nunca falla!

Ingredientes:

  • 10 abelás
  • 4 amorodos
  • 2 culleradas de muesli sen azucres engadidos
  • 1 cullerada de avea
  • 1 Iogur Natural Larsa
  • Chocolate

Elaboración:

  1. Cortamos os froitos secos e os amorodos ben finos.
  2. Nun recipiente, engadimos o iogur natural e comezamos a colocar por riba de maneira atractiva todos os ingredientes: abelás, amorodos, muesli e avea.
  3. Para rematar a receita con broche de ouro e que ningún neno se resista, relamos por riba un pouco de chocolate para darlle o toque final.

Pan de leite recheo e iogur

Por último, propoñémosche unha receita un pouco máis laboriosa, pero igualmente fácil de preparar. Os teus fillos sentaranse á mesa para almorzar con moitas ganas cando vexan estes ricos pans de leite caseiros sen azucre acompañados do seu iogur Larsa favorito. As nosas recomendacións? O Iogur con Amorodo, Iogur con Cereixa ou o máis popular, o noso Iogur sabor Vainilla Larsa, todos elaborados con Leite de Pastoreo 100% galego.

Ingredientes:

Para o recheo (a elixir):

  • Xamón serrano e Queixo en talladas Clásico Larsa
  • Chocolate de alta porcentaxe de cacao
  • Marmelada sen azucres engadidos

Elaboración:

  1. Engadimos o leite, o ovo, a manteiga derretida, un chisco de sal, unha culleradiña de vainilla e un pouco do teu edulcorante favorito nun recipiente e batemos ata que consigamos unha mestura homoxénea.
  2. A medida que remexemos, imos engadindo aos poucos a fariña e o fermento.
  3. Para terminar de integrar os ingredientes, amasamos a nosa masa un par de minutos.
  4. Despois, colocamos a masa nun recipiente tapado con papel filme durante polo menos 2 horas para que repouse e dobre o seu volume.
  5. Transcorrido este tempo, enfariñamos unha superficie e traballamos a masa ata conseguir unhas 12 porcións ás que daremos forma de bóla.
  6. Colocamos as bólas nunha bandexa de forno con papel vexetal e deixámolas repousar outras 2 horas.
  7. Antes de metelas ao forno, batemos un ovo e as pintamos.
  8. A continuación, enfornamos os pans de leite a 180º C durante 20 minutos.
  9. Unha vez arrefríen, cortamos os pans á metade e poñemos no seu interior unha tallada de xamón serrano e outra de queixo, un par de onzas de chocolate ou un pouco de marmelada untada. E listos para comer!

Leite de Pastoreo, o mellor aliado dos almorzos saudables

Estas son só algunhas ideas para que os teus fillos gocen dun almorzo san e equilibrado sen renunciar ao sabor. Por iso en todas as opcións atopamos Leite de Pastoreo Larsa como ingrediente principal, un leite natural, cremoso e 100% galego, de vacas que se alimentan de pastos, ao aire libre.

Xa sexa Enteiro, Semidesnatado ou Desnatado, o Leite de Pastoreo Larsa é un alimento completo e perfecto para toda a familia. Cun só vaso de Leite de Pastoreo estaraslle a dar ao teu organismo o 30% da cantidade diaria recomendada de calcio. 

1236