Sempre é un bo momento para preparar unha comida lixeira, saborosa e fácil de elaborar… E non hai mellor aliado para unha receita de verán que facela máis larseira, por exemplo, cunha boa salsa de iogur caseira 😉 A textura e o sabor inconfundible dos iogures Larsa, elaborados con Leite de Pastoreo, convertéronos nos preferidos dos galegos. E por iso, o noso iogur natural é a base para unha salsa de iogur perfecta. Pona a proba como acompañante en ensaladas, bocadillos, kebabs e moitas outras receitas.
Ademais, preparar esta receita non ten ningún secreto, tárdase aproximadamente 5 minutos e é perfecta para facer xusto antes de ir á praia ou se os teus amigos aparecen por sorpresa e queres improvisar unha lambiscada con ingredientes que adoitamos ter por casa.
E ti, de quen vés sendo?
Se xa coñeces os iogures Larsa, é probable que coñezas tamén parte da súa historia ou que empezamos a elaboralos alá por 1980 na nosa fábrica de Vigo, hoxe desaparecida, pero… E a salsa de iogur? Desde cando existe? Pois a orixe da salsa de iogur vén da gastronomía Mediterránea e do Medio Oriente. Xa fai moito. O seu uso principal era aderezar pratos picantes xa que lle achegaba un toque refrescante. Isto conséguese grazas á acidez natural dos ingredientes coa que se elabora, como o iogur ou o limón, o que axuda a equilibrar sabores un pouco máis fortes, achegando frescura e suavidade.
O seu propósito non cambiou moito co paso do tempo. Hoxe en día, segue utilizándose como unha salsa lixeira e refrescante. Ademais, elaborala cos nosos iogures Larsa achégalle unha textura inconfundible 😉
Que iogur natural Larsa utilizo?
Para conseguir unha salsa de iogur caseira co sabor e a textura que máis nos guste podemos escoller entre diferentes variedades de iogures Larsa:
Iogur natural con leite de Pastoreo
O clásico que nunca falla. É ideal para quen busca un sabor auténtico e unha textura cremosa. O iogur natural con leite de Pastoreo ofrece unha base consistente e suave á túa salsa.
Iogur natural desnatado con leite de Pastoreo
A versión máis lixeira de todas. O noso iogur natural desnatado con leite de Pastoreo mantén a cremosidad e o sabor, pero con menos graxa e menos calorías.
Iogur Galaikos natural con leite de Pastoreo
A creme da creme! O iogur Galaikos natural con leite de Pastoreo proporciona unha textura máis densa e rica, perfecta se o que queremos conseguir é unha salsa de iogur caseira extra cremosa. Ademais, o seu alto contido en proteínas convértea nunha opción moi completa.
Pasos para elaborar unha salsa de iogur caseira 100% larseira
Para elaborar a salsa de iogur caseira, ademais de elixir o noso iogur favorito Larsa, necesitaremos unha serie de ingredientes para que quede perfecta.
Ingredientes
- Dous iogures naturais Larsa
- Medio dente de allo
- Zume de medio limón
- Un pouco de limón relado
- 30 ml. de aceite de oliva
- Unha cullerada de ceboliño picado
- Un chisco de pementa negra moída
- Un chisco de sal
Que utensilios vas necesitar?
- Vaso para batedora
- Un batedor
- Un relador
- Un exprimidor
- Un coitelo
- Unha culler
- Un bol
A salsa de iogur caseira paso a paso, imposible perderse!
Antes de nada, imos facer un repaso para contar con todos os ingredientes e utensilios necesarios para elaborar a nosa receita. Unha vez teñamos todo, poñémonos o mandil, e ao choio!
- O primeiro que temos que facer é preparar os ingredientes; pelamos o allo, esprememos e relamos medio limón e cortamos o ceboliño. Lembra deixar un pouco de ceboliño para decorar a salsa ao rematar.
- Escollemos o iogur Larsa de preferencia, xa que a consistencia da salsa de iogur caseira dependerá desta decisión.
- Agora si! Introducimos todos os ingredientes no vaso do batedor; os dous iogures, o allo previamente pelado, o aceite de oliva virxe extra, o zume e limón relado, un chisco de sal e pementa negra e o ceboliño cortado.
- Unha vez que temos todos os ingredientes no vaso do batedor, trituramos todo ata conseguir unha mestura homoxénea. Cando a salsa estea lista, a vertemos nun recipiente e gardámola na neveira polo menos 30 minutos para que estea ben fresquiña.
- Cando estea lista para utilizar ou para presentar, botamos os anaquiños de ceboliño que gardamos para este momento por enriba.
- E xa está. Así de rápido e sinxelo. Unha salsa que se prepara moi rápido, que queda cun sabor incrible e que poderás ter sempre a man en casa.
Consellos larseiros para a mellor salsa de iogur caseira
- É unha alternativa máis saudable á maionesa. A salsa de iogur caseira queda perfecta cos mesmos pratos, achegando un aderezo máis saudable e lixeiro.
- O ceboliño é un dos ingredientes estrela da nosa salsa de iogur caseira, xa que é unha herba aromática que achega un sabor moi fresco a cebola. Outra opción, se non tes ceboliño, é substituílo por menta. A menta tamén lle dará un toque fresco que encaixa á perfección coa salsa.
As comidas perfectas para a túa salsa
Como viches, a salsa de iogur caseira é un aderezo versátil, refrescante e cheo de sabor. É hora de saber con que pratos encaixa mellor.
A salsa de iogur é unha salsa que combina á perfección con ensaladas frescas lixeiras, kebabs e bocadillos, nos que achega un sabor suave e característico. Ademais, funciona moi ben como salsa para carnes á grella ou ao forno, especialmente con pito e como acompañante de snacks de verduras crúas como as cenorias, os apios e os cogombros.
Así que xa sabes, esta tempada dálles un toque especial aos teus pratos coa nosa salsa de iogur caseira Larsa. Que aproveite!