Salsa de iogur caseira Larsa: unha receita de verán para ensalada, bocadillo ou kebab

Sempre é un bo momento para preparar unha comida lixeira, saborosa e fácil de elaborar… E non hai mellor aliado para unha receita de verán que facela máis larseira, por exemplo, cunha boa salsa de iogur caseira 😉 A textura e o sabor inconfundible dos iogures Larsa, elaborados con Leite de Pastoreo, convertéronos nos preferidos dos galegos. E por iso, o noso iogur natural é a base para unha salsa de iogur perfecta. Pona a proba como acompañante en ensaladas, bocadillos, kebabs e moitas outras receitas.  

Ademais, preparar esta receita non ten ningún secreto, tárdase aproximadamente 5 minutos e é perfecta para facer xusto antes de ir á praia ou se os teus amigos aparecen por sorpresa e queres improvisar unha lambiscada con ingredientes que adoitamos ter por casa.  

E ti, de quen vés sendo

Se xa coñeces os iogures Larsa, é probable que coñezas tamén parte da súa historia ou que empezamos a elaboralos alá por 1980 na nosa fábrica de Vigo, hoxe desaparecida, pero… E a salsa de iogur? Desde cando existe? Pois a orixe da salsa de iogur vén da gastronomía Mediterránea e do Medio Oriente. Xa fai moito. O seu uso principal era aderezar pratos picantes xa que lle achegaba un toque refrescante. Isto conséguese grazas á acidez natural dos ingredientes coa que se elabora, como o iogur ou o limón, o que axuda a equilibrar sabores un pouco máis fortes, achegando frescura e suavidade.  

O seu propósito non cambiou moito co paso do tempo. Hoxe en día, segue utilizándose como unha salsa lixeira e refrescante. Ademais, elaborala cos nosos iogures Larsa achégalle unha textura inconfundible 😉   

Que iogur natural Larsa utilizo?  

Para conseguir unha salsa de iogur caseira co sabor e a textura que máis nos guste podemos escoller entre diferentes variedades de iogures Larsa 

Iogur natural con leite de Pastoreo  

O clásico que nunca falla. É ideal para quen busca un sabor auténtico e unha textura cremosa. O iogur natural con leite de Pastoreo ofrece unha base consistente e suave á túa salsa.  

Iogur natural desnatado con leite de Pastoreo  

A versión máis lixeira de todas. O noso iogur natural desnatado con leite de Pastoreo mantén a cremosidad e o sabor, pero con menos graxa e menos calorías.  

Iogur Galaikos natural con leite de Pastoreo  

A creme da creme! O iogur Galaikos natural con leite de Pastoreo proporciona unha textura máis densa e rica, perfecta se o que queremos conseguir é unha salsa de iogur caseira extra cremosa. Ademais, o seu alto contido en proteínas convértea nunha opción moi completa.  

Pasos para elaborar unha salsa de iogur caseira 100% larseira 

Para elaborar a salsa de iogur caseira, ademais de elixir o noso iogur favorito Larsa, necesitaremos unha serie de ingredientes para que quede perfecta.  

Ingredientes 

  • Dous iogures naturais Larsa 
  • Medio dente de allo  
  • Zume de medio limón   
  • Un pouco de limón relado 
  • 30 ml. de aceite de oliva  
  • Unha cullerada de ceboliño picado  
  • Un chisco de pementa negra moída  
  • Un chisco de sal  

Que utensilios vas necesitar? 

  • Vaso para batedora 
  • Un batedor
  • Un relador
  • Un exprimidor
  • Un coitelo
  • Unha culler
  • Un bol 

A salsa de iogur caseira paso a paso, imposible perderse! 

Antes de nada, imos facer un repaso para contar con todos os ingredientes e utensilios necesarios para elaborar a nosa receita. Unha vez teñamos todo, poñémonos o mandil, e ao choio!  

  1. O primeiro que temos que facer é preparar os ingredientes; pelamos o allo, esprememos e relamos medio limón e cortamos o ceboliño. Lembra deixar un pouco de ceboliño para decorar a salsa ao rematar. 
  2. Escollemos o iogur Larsa de preferencia, xa que a consistencia da salsa de iogur caseira dependerá desta decisión.
  3. Agora si! Introducimos todos os ingredientes no vaso do batedor; os dous iogures, o allo previamente pelado, o aceite de oliva virxe extra, o zume e limón relado, un chisco de sal e pementa negra e o ceboliño cortado.
  4. Unha vez que temos todos os ingredientes no vaso do batedor, trituramos todo ata conseguir unha mestura homoxénea. Cando a salsa estea lista, a vertemos nun recipiente e gardámola na neveira polo menos 30 minutos para que estea ben fresquiña.
  5. Cando estea lista para utilizar ou para presentar, botamos os anaquiños de ceboliño que gardamos para este momento por enriba.
  6. E xa está. Así de rápido e sinxelo. Unha salsa que se prepara moi rápido, que queda cun sabor incrible e que poderás ter sempre a man en casa.  

Consellos larseiros para a mellor salsa de iogur caseira 

  1. É unha alternativa máis saudable á maionesa. A salsa de iogur caseira queda perfecta cos mesmos pratos, achegando un aderezo máis saudable e lixeiro.  
  2. O ceboliño é un dos ingredientes estrela da nosa salsa de iogur caseira, xa que é unha herba aromática que achega un sabor moi fresco a cebola. Outra opción, se non tes ceboliño, é substituílo por menta. A menta tamén lle dará un toque fresco que encaixa á perfección coa salsa.  

As comidas perfectas para a túa salsa

Como viches, a salsa de iogur caseira é un aderezo versátil, refrescante e cheo de sabor. É hora de saber con que pratos encaixa mellor.  

A salsa de iogur é unha salsa que combina á perfección con ensaladas frescas lixeiras, kebabs e bocadillos, nos que achega un sabor suave e característico. Ademais, funciona moi ben como salsa para carnes á grella ou ao forno, especialmente con pito e como acompañante de snacks de verduras crúas como as cenorias, os apios e os cogombros.  

Así que xa sabes, esta tempada dálles un toque especial aos teus pratos coa nosa salsa de iogur caseira Larsa. Que aproveite! 

1115