Un petisco, en forma de boliñas de queixo, que se converterá no teu novo aperitivo favorito. A súa textura crocante e o seu sabor a queixo semicurado conquistarán o teu padal. Quita a fame co novo snack e goza dun produto delicioso cun alto contido de proteína. Say cheese!
Móbil, chaves e Snack Crocante 100% Queixo Semicurado. O sabor é o seu punto forte, pero poder levalo sempre contigo suma puntos. Dosificado en envases de 20 gramos, o Snack Crocante 100% Queixo Semicurado convértese nun aperitivo fácil de transportar e consumir. Lévao na túa mochila ou bolso e goza do teu novo petisco favorito cando queiras e como queiras!