O alioli tradicional faise con allo e aceite, pero o que hoxe coñecemos como alioli é, en realidade, unha maionesa con allo. Este tipo de alioli é máis cremoso e ten un sabor máis suave e, o mellor de todo, é moito máis doado e rápido de preparar.
Hoxe presentamos unha alternativa perfecta para aqueles larseiros que non poden consumir ovo: alioli con leite. Esta versión non só é máis segura en épocas de calor, evitando riscos de salmonelose, senón que, ao elaborarse con calquera dos nosos leites tradicionais Larsa, procedentes de vacas alimentadas en pastos ao aire libre, obterás un alioli caseiro súper cremoso e co sabor orixinal de sempre.
É unha receita moi sinxela. Só tes que seguir os pasos que che contamos de seguido, e en moi pouco tempo terás un alioli cremoso e delicioso.
Ingredientes:
- 1 dente de allo
- 100 ml de Leite enteiro Larsa
- 200 ml de aceite de xirasol
- Unha cullerada de zume de limón
- Un chisco de sal
Alioli caseiro con leite Larsa paso a paso
- O primeiro que imos facer é preparar o allo. Pelamos o dente de allo, retiramos o xermen para que o alioli quede máis suave e colocámolo troceado no vaso do batedor.
- Engadimos un chorriño de Leite enteiro Larsa morno e comezamos a bater cun batedor de man apoiado no fondo do vaso. A idea é triturar ben o allo desde o principio para que non queden triscos.
- Unha vez integrado, incorporamos o resto do leite e batemos de novo uns segundos para unificar a mestura.
- A continuación, e sen levantar o batedor de man, comezamos a verter o aceite mentres seguimos batendo. Manter o batedor sen mover no fondo do recipiente axuda a que a emulsión se forme correctamente.
- Cando engadamos máis ou menos a metade do aceite e vexamos que o alioli comeza a espesar, comezamos a subir e baixar o batedor lentamente, sempre sen mover de lado a lado. Este movemento permite que a salsa adquira corpo sen risco de cortarse.
- Unha vez a mestura estea ben ligada, incorporamos o zume de limón e o sal. Batemos só uns segundos máis, ata integrar todo.
- Vertemos o alioli nun recipiente e deixámolo repousar uns minutos na neveira. Isto axuda a que a salsa se asente e manteña mellor a súa consistencia.
- E listo! Agora podemos usar o noso alioli con leite en diferentes elaboracións. ¡A gozar, larseiros 😉!
Truquiños larseiros para un alioli perfecto
O alioli con leite é moi doado de facer, pero con estes pequenos truquiños elevaralo ao seguinte nivel:
- Para un sabor máis intenso, substitúe o aceite de xirasol por aceite de oliva; dará máis carácter ao alioli. Tamén podes engadir unha cullerada de mostaza xunto co limón para un toque máis aromático.
- Para unha cor máis viva, engade un chisco de cúrcuma. Dará un ton cálido sen alterar demasiado o sabor.
- É fundamental usar un allo fresco e de boa calidade. Se está vello ou seco, a salsa non terá o mesmo sabor nin a mesma suavidade.
- O alioli caseiro dura entre 3 e 5 días na neveira, sempre nun recipiente hermético. Non se recomenda conxelalo, xa que ao desconxelarse pode separarse ou perder a súa textura cremosa.
- Podes usar calquera dos nosos leites para esta receita: Leite enteiro Larsa, Leite semidesnatado Larsa, Leite desnatado Larsa, Leite de Pastoreo semidesnatado sen lactosa Larsa ou Leite de Pastoreo desnatado sen lactosa Larsa. Conseguirás o mesmo resultado con calquera deles.
Unha alternativa rápida consiste en colocar todos os ingredientes no vaso do batedor, incluído o aceite, e deixar o brazo do batedor quieto no fondo ata que comece a formarse a emulsión. Logo sube e baixa suavemente ata obter a textura desexada.
Con que combinar o alioli caseiro?
O alioli é unha salsa versátil que pode transformar calquera receita larseira. Deixámosche algunhas ideas:
- Con patacas e frituras: Ideal para usar con patacas bravas, con croquetas como as nosas croquetas de boletus e queixo de tetilla ou as croquetas de luriñas, con lura á romana ou con calquera tipo de fritura. A súa cremosidade potencia os sabores e achega un toque irresistible.
- En carnes e peixes: Este alioli combina perfectamente con polo á grella, porco, filetes de peixe e mesmo con hamburguesas, como na nosa hamburguesa con Queixo Larsa de Cacocinas.
- Con verduras e hortalizas: Se che gustan as verduras asadas, ao vapor ou á prancha, unhas culleradas de alioli sobre elas transforman un prato sinxelo nunha experiencia gourmet.
- Sándwiches e bocadillos: É unha salsa ideal para untar en fajitas, bocadillos ou sándwiches, xa que lles achega un extra de cremosidade e sabor.
Sen dúbida, o alioli é moi doado de preparar e ofrece infinitas posibilidades. O seu sabor característico adáptase a diferentes preparacións, facendo que cada prato sexa un pouquiño máis especial. Así que, a próxima vez que busques unha salsa cremosa e versátil, o alioli con leite Larsa será sempre a opción perfecta.
Ademais, na nosa web tamén atoparás outras receitas de salsas larseiras como a nosa salsa de mostaza con iogur, a nosa maionesa con iogur ou a nosa salsa de iogur caseira Larsa. Opcións igual de fáciles de preparar.
Probaas! e goza do pracer de cociñar cos produtos Larsa 😉!