Trucos de cociña con leite: Descubre todos os usos que ten o leite para equilibrar as túas receitas

En Larsa, sabemos que os nosos leites de Pastoreo non son só un ingrediente máis na cociña dos nosos larseiros, senón a base de toda boa elaboración: desde un almorzo cargado de enerxía ata unha sobremesa tan deliciosa como a nosa receita de leite frito de cabaza. Hoxe queremos sorprenderte cunha serie de trucos con leite que che axudarán a mellorar os teus pratos ou a corrixir pequenos desastres na cociña. Queres coñecelos? 😉 

O noso leite de Pastoreo  

O noso leite é de orixe 100% galego, provén de ganderías de tamaño mediocon vacas en réxime de Pastoreo. Ademais, temos leite para todos os gustos e necesidades alimenticias: enteiro, semidesnatado, desnatado, sen lactosa semidesnatado e sen lactosa desnatado, para que poidas gozar do noso sabor de Pastoreo sen ter que renunciar a nada. 

Trucos de cociña con leite de Pastoreo Larsa 

1. Consegue o dourado perfecto en pans e tortas.  

Se queres que os teus pans e tortas parezan irresistibles, pinta a superficie da masa cun pouco de leite Larsa antes de enfornalos, acadarás ese dourado brillante que tanto nos gusta.
 

2. Consegue unhas tortillas máis esponxosas.  

Engade un chorro de calquera dos nosos leites aos ovos batidos antes de cociñalos. É o truco perfecto para que fagas unhas tortillas lixeiras e esponxosas. Sen dúbida, unha opción perfecta para o aperitivo, almorzo ou cea. Unha tortilla 100% larseira. Rica e moi esponxosa! 😉
 

3. Di adeus ao cheiro a peixe frito na túa cociña.  

Se che encanta o peixe frito, pero detestas o cheiro que deixa, temos a solución perfecta. O que tes que facer é mergullar o peixe nunha mestura de leite e auga antes de enfariñalo. Este pequeno truco non só eliminará o mal cheiro, senón que tamén fará que o peixe quede máis tenro e lixeiro. 

 

4. Un puré de patacas moito máis cremoso.  

Para un puré deses que non podes deixar de comer, quenta un pouco de calquera dos nosos leites xunto cun pouco da nosa Manteiga tradicional antes de mesturalo coas patacas. O resultado será un puré suave, cremoso e moi saboroso.
 

5. Consegue unha pasta máis lixeira.  

Se a túa pasta quedou algo reseca, non te preocupes; engade un pouco do noso leite e verás como recupera a suavidade e a humidade. Este truco tamén funciona cando requentas pasta do día anterior.
 

6. Albóndegas sabrosas, como deben ser.  

Para unhas albóndegas irresistibles, molla un pouco de pan en leite de Pastoreo Larsa e mestúrao coa carne picada. O pan absorberá o leite, facendo que as albóndegas queden cheas de sabor.
 

7. Queixo máis fresco e suave.  

Secóuseche o queixo? Non te preocupes. Colócao en leite morno durante uns minutos e recuperará a súa suavidade, coma se o acabaras de mercar.
 

8. Frite cabaciñas sen exceso de aceite.  

As cabaciñas tenden a absorber moito aceite, volvéndose graxas e pesadas. Para evitalo, remóllaas en leite durante unhas dúas horas antes de fritilas. Este truco fará que absorban moito menos aceite, obtendo unhas cabaciñas moito máis lixeiras e saborosas.
 

9. Cociña luras moito máis tenras.  

Para unhas luras moito máis tenras, mergúllaas no noso leite de Pastoreo Larsa, tamén durante unhas dúas horas, antes de cociñalas. Aínda que pareza raro, deste xeito quedarán moito máis brandas e saborosas, non perderán nin un toque do seu sabor!
 

10. Corrixe un guiso cando se che foi a man co sal.  

Se cometiches o erro de botar demasiado sal a un guiso, non te preocupes! Só engade media cunca de leite frío á mestura e remove ben. O leite axudará a neutralizar o exceso de sal e suavizará o sabor do guiso, facendo que quede un sabor perfectamente equilibrado.
 

11. Revive pan duro.  

A todos nos pasou algunha vez: o pan pónse duro e seco dun día para outro. Para devolverlle a súa frescura, mergúllao brevemente en leite frío durante 2 segundos e logo enfórnao a 180 ºC durante 5 minutos. Quedará crocante por fóra e suave por dentro!
 

12. Un café máis suave.  

Se che gusta o café frío, este truco vai encantarte. Conxela leite en cubos e usa eses cubos en lugar de xeo para arrefriar o teu café. Así evitarás que se dilúa, logrando unha bebida moito máis suave, cremosa e fresquiña.
 

13. Elabora cremas sen grumos.  

Cando prepares salsas como bechamel ou crema pasteleira, é común que se formen grumos. Para evitalos, quenta o leite cunha folla de loureiro antes de engadilo á mestura de fariña. Non só conseguirás unha textura máis suave, senón que tamén lle darás un toque extra de sabor.
 

14. Consegue que a cebola sexa máis suave nas túas elaboracións.  

Se a cebola resúltache demasiado intensa ou picante, mergúllaa en leite durante uns minutos antes de usala nas túas receitas. Así, o seu sabor será moito máis suave, volvéndose máis doce e menos dominante nos teus pratos.
 

O leite de Pastoreo Larsa é o teu mellor aliado na cociña!  

Con estes sinxelos trucos poderás darlles un toque extra ás túas receitas. Ademais, os nosos leites de Pastoreo teñen un sabor e unha textura únicos, debido á súa orixe e ao coidado das vacas que a producen, que se alimentan de pastos ao aire libre.  

Así que a próxima vez que te poñas a cociñar, lembra estes trucos e deixa que o leite de Pastoreo Larsa sexa o teu aliado na cociña. As túas receitas nunca volverán ser iguais! 😉 

791